_
_
_
_
EPISODIOS GALEGOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O AVE e a identidade do non ter

Manuel Rivas

O presidente do Goberno da Xunta di que en Galicia cómpre resolver un problema: non temos oposición. Mais a oposición subliña outra carencia: non temos Goberno. Se cadra ambas as dúas partes teñen razón. Se cadra non temos Goberno nin temos Oposición. O Goberno ten moitos votos e non sabe que facer con eles. A Oposición ten poucos votos e non sabe que facer sen eles. O Goberno non chega á madurez, e a Oposición non sae do inmaturo.

E logo que é o que temos? O concepto de identidade asociouse sempre co ser. O ser no sentido de ter. A identidade, no sentido máis positivo, era unha especie de Teneduría, unha arte de contabilizar as pertenzas singulares do país. Aquilo que nos correspondía custodiar e co que agasallar ao resto da humanidade. Agora estamos nun curioso intre histórico. O da identidade como un non ter. Como un non ser.

Fixeron del un deus mitolóxico. Cada atraso levábanos ao inferno. Mais agora, xa tanto ten

A min gustábame a identidade ao xeito enunciado por Valle-Inclán, nun dos lampos marabillosos da súa derradeira entrevista: o hamletismo galego. O estado de dúbida permanente. O ser e o non ser a un tempo, nunha simetría apaixonada. Sería un erro o instalarse soamente no ser, na fartura existencial, na chea do ser. Mais eu tampouco me sinto cómodo no conformismo actual do non ser. Mesmo hai xente que semella entusiasta do non ser. Eu a verdade non lle vexo graza a un Hamlet que saíse ao escenario a escarallar o dilema: "Eu non son!".

Por non ter xa non temos nin o AVE a man. Do AVE fíxose algo máis que un tren. Uns e outros fixeron del un deus mitolóxico, mais dunha mitoloxía futurista. A sorte de Galicia uniuse de tal maneira ao AVE que semellaba un camiño metafísico e non un camiño de ferro. Era a alta velocidade dunha metáfora transcendente. O AVE era como "o querido paxaro", no fermosísimo lieder de Robert Schumann. O seu voo era unha promesa da esperanza, identificábase cunha "nova primavera". Cada quilómetro de avance, achegábanos ao ceo. Cada quilómetro de atraso levábanos ao inferno. E así, o ministro de Fomento tiña días de heroe e días de traidor. Dependía dunha adxudicación, ser Blanco un arcanxo salvador ou un ruín mafarrico. Mais agora, xa tanto ten. Se non chega no 2015 chegará no 2018, madia leva, hai que ter paciencia, que présa temos, viaxeiros ao tren, e galegos tamén. O AVE deixou de ser cousa de Fomento para ser un asunto do Destino. Xa non depende do Goberno central, senón da Providencia. Aí si que é a nosa, a esperar na Estación, e que chova até afogar os peixes.

No canto de Schumann vibra unha pregunta: "Nunca viches a bela terra remota, e tes confianza nela?". E o paxaro do voo da esperanza retruca: "Pregúntasme moito e é un xogo para ti, mais para min é fatigoso responder".

Tense caricaturizado moito a Galicia "de Rosalía" e a Galicia da "vaquiña". Comprendo que a algúns lle incomodase Rosalía de Castro, coa súa voz indómita, pero non sei que problema freudiano tiñan ou teñen coas vacas. O caso é que todo o que soase a galeguismo estaba de máis, era caduco, porque viña un novo futurismo a 300 quilómetros por hora.

Si, é certo que había e hai xente ancorada en tópicos e catecismos doutrinarios. E que hai predicadores "nacionalistas" que espantan a nación, o pobo que a habita, co seu cainismo. Unha especie de contaxio da identidade do "non ter". Esa tarefa patética de ser cada vez menos e peor levados. Mais esa guerra fratricida prexudica a todos, porque achica a sociedade, reduce o pluralismo, a posibilidade de alternativas. O galeguismo, chámese ou non nacionalista, debería inspirarse no que foron os berces, republicanos e ilustrados (o Partido Galeguista, mais tamén o Seminario de Estudos Galegos), e mostrarse como un obradoiro construtivo e non como unha burocracia convencional máis a competir. E así funciona en moitos dos concellos onde goberna ou cogoberna. Se en lugar de seguir ese modelo, a unión se escachiza, pois xa teremos outro fracaso que engadir aos números negativos, á crecente identidade do non ser, do non ter.

De súpeto, volvemos a situarnos no XIX, no país do Far-West ao que non dá chegado o convoi. Na identidade do non ter, que é o que temos? Hai unha Galicia que non falla. Unha Galicia que chega sempre con froitos novos, aínda que sexa a pé. A Galicia creativa. A dos camiños da imaxinación. A que é quen de pensar e expresar o mundo dende aquí. Dende o local sen paredes. Non sei o que será do AVE, como xustificarán o monumental engano os que viñan sendo fanáticos dos prazos. Mais eu sei dunha Galicia que nunca defrauda. A Galicia que soña, que partilla o que ten, e non pretende dominar. Esa Galicia que se deu cita no Cultur.gal, en Pontevedra, como unha constelación de sentido.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_