_
_
_
_
_
AO VIVO | Luces

De Manel á batalla dos Blows

Guste ou non, o protagonista da quincena chámase Manel. O grupo catalán pasea o seu celebrado segundo álbum, 10 milles per veure una bona armadura, por catro auditorios galegos: o Teatro Principal de Ourense o 14 de decembro, a sede da SGAE en Santiago o día 15, o Playa Club da Coruña o 16 e a sala Mondo de Vigo ao día seguinte. Compite coas boas intencións dos vigueses The Blows e o seu concerto do 22 de decembro na sala da rúa Joaquín Loriga. Toda a recadación desa noite, así como o que consigan reunir a través dunha conta aberta en La Caixa -máis información en www.blows.es/noticias-, destinarano a pagar polo menos unha parte do tratamento do seu baixista, Álex Lago, contra o cancro. Haberá subasta, sorpresa e colaboracións de músicos e amigos. No Morrazo, tras a visita de Ryan Francesconi ao bar Labranza, tócalle mañá á sala Son co country do norteamericano W. C. Edgar e o seu segundo traballo, Old School Survivor. Na banda local, cita con Diadermín e Mano de Obra esta noite no Imperfecto (O Grove) e con Beni Ferreiro (Igloo, Overlook) na sala Karma de Pontevedra, que mañá recibe a DJ Amable.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_