_
_
_
_
Reportaje:Luces

Repensar a indignación

Dous libros colectivos aproxímanse dende Galicia ao movemento do 15-M

"Fago cousas que aínda non teñen nome", cantaban os Jefferson Airplane en Wild Tyme. Aquel 1968 ficou sepultado entre os cascallos do muro de Berlín, pero tamén estes son tempos salvaxes. Dous libros colectivos intentan agora poñerlle nomes, en lingua galega, á nova indignación. 15-M. O pobo indignado, coordinado polo historiador Alfredo Iglesias para Laiovento, xa está nas librarías. A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?, preparado polo xornalista Marcos Pérez Pena en 2.0 Editora, está a piques de ir ao prelo. "Para ben ou para mal", argumenta Raimundo Viejo nun deses textos invocando a Rancière, "despois do 15-M xa nada foi como antes. A decisión constituínte voltou ao primeiro plano da política, deixando atrás a política como unha mera combinación de técnicas xerenciais e policiais coas que levar os asuntos públicos".

O trunfo da dereita 0 20-N aboca ao movementio a un punto de inflexión
'A praza é nosa' inclúe voces críticas co fenómeno dende a esquerda clásica

Laiovento quería participar no debate previo ás eleccións do 20-N, pero o libro demorou. Sae co regreso da dereita xa consumado, un escenario que aboca o movemento a un punto de inflexión. Terá continuidade? Varias achegas no libro intentan dar resposta ao interrogante. Tamén o coordinador: "Só vexo tres posibilidades: ou se estende o asemblearismo, constituíndo algo similar a un goberno paralelo, na liña das revolucións clásicas; ou se organiza o movemento nunha forza política, como en Venezuela; ou se intenta influír nos partidos dende fóra. En todo caso, hai que asaltar as institucións para poder transformar a sociedade".

O pobo indignado estrutúrase en tres partes. A primeira deita unha ollada "calidoscópica" dende distintas perspectivas, da politoloxía á ciencia económica. Contribúen Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez e Raimundo Viejo. A segunda enúnciase dende o activismo, sexa o das prazas ocupadas, sexa o dos movementos sociais anteriores: Carlos Taibo, Roi Ribeira, Nanina Santos, Fernanda Couñago, Lupe Ces, Lídia Senra, Xoán Hermida, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido e Miguel Fernández. Por último, catro aproximacións literarias de Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo, Diana Varela e Gustavo Pernas.

No volume de Laiovento a simpatía polo movemento vén matizada por algunhas voces críticas, ben dende a análise das súas debilidades, dende a desconfianza dunha parte da esquerda clásica ou dende posicións algo máis refractarias. A praza é nosa tamén é un libro "multidisciplinar", pero indisimuladamente partidario do 15-M. "Quixemos que fose un libro escrito dende o interior do movemento", concede Pérez Pena, "o que non é obstáculo para que haxa autocrítica. O criterio de selección centrouse en que os autores fosen galegos, relativamente novos ou pouco coñecidos e ligados ao traballo nas prazas".

Canda os traballos das asembleas de Compostela, Pontevedra, Vigo e A Coruña e o de Democracia Real Xa!, participa unha presada de autores: Manuel M. Barreiro no prólogo e completan Antonio Fernández de Rota, Arturo de Nieves, Carlos Diz, Carlos Neira, Henrique Mariño, José Antonio López Rey, Manoel Barbeitos, María Queijas, Brais Arribas, Abraham Rubín, Rosendo González, Víctor Sampedro e Xosé Manuel Pereiro. Repiten nos dous ensaios Carlos Taibo, David Rodríguez, Raimundo Viejo e Alfredo Iglesias. "O libro ten eivas derivadas da urxencia", recoñece Pérez Pena, "pero está ben que fose así, á calor do movemento. É un momento acaído para unha reflexión sosegada: o 15-M acadou xa unha certa madurez, e tras o 20-N empeza unha nova etapa". Nesta segunda etapa as liñas de ruptura seguirán a ser varias. Unha das que acerta a sinalar o volume, con traballos como o de Víctor Sampedro, é a dos medios de comunicación. É preciso, di o catedrático, "un novo pacto".

"Se a esquerda organizada en partidos e sindicatos continúa sen se implicar na praxe diaria de movementos emerxentes", argumenta David Rodríguez, "pode suceder, no mellor dos casos, que asista dende fóra a como eses movementos rematan por crear as súas propias ferramentas para levar as demandas ás institucións. E, no desastroso caso de que estes novos movementos non madurecesen o suficiente para percibiren a necesidade de organización política e acabasen diluíndose no cansazo e na impotencia da mobilización social, os balorentos partidos da esquerda existentes rematarán encarnando a figura patética do representante sen representado".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_