_
_
_
_
Reportaje:Luces

De Frantz Fanon a Cunqueiro

Maspero, o mítico editor do esquerdismo do 68, traduciu ao francés 'Xente de aquí ou acolá' - Este e outros título do de Mondoñedo publicounos Actes du Sud

Aquela galería das clases populares, confeccionada a modo de catálogo de curiosidades e gabinete de oficios e artes da cultura non industrial, chamouse Xente de aquí e acolá. Un dos libros centrais de Álvaro Cunqueiro, publicado por Galaxia en 1971, tamén coñeceu versión en francés. Pero foi 21 anos despois e co título Galiciens, courbeaux et parapluies. Ese Galegos, corvos e paraugas traduciuno François Maspero e publicouno Actes du Sud, a editora fundada por Hubert Nyssen en 1978.

Curiosamente Cunqueiro, o home que xa en réxime parlamentario desprezaba a caseta da feira do libro de Vigo onde viña de falar o sindicalista Marcelino Camacho e pedía que a desinfectasen, acabou nas mans de Maspero, o embaixador editorial da literatura esquerdista na Francia dos anos sesenta e setenta. Foi a través da empresa que levaba o seu nome como xeracións de militantes e investigadores coñeceron o anticolonialismo de Frantz Fanon -o contundente e influínte Os condenados da terra-, os escritos revolucionarios do Che Guevara, as torturas do exército francés en Alxeria -n'O ano V da revolución alxeriá, logo censurado- ou as primeiras incursións de Georges Perec na literatura, na revista Partisans. "En Galicia, a xente válese do seu paraugas (e non á inversa), os mortos metamorféanse en corvos e, por un si ou por un non, todo este bonito mundo apostrofa os humanos coa maior das familiaridades", di o paratexto desa edición de Xente de aquí e acolá, que coloca a Cunqueiro "en compaña do seus mestres: Cervantes e Rabelais".

Segundo Laurence Malingret, en 2005 adscrito á Universidade de Santiago, Maspero traduciu a partir da tradución ao castelán, La otra gente. Así o certifica Actes du Sud. Non foi, con todo, a única paraxe da editorial francesa, cuxo fundador morreu recentemente, na literatura galega. Les Chroniques de sous-chantre [As crónicas do sochantre] apareceron naquel mesmo ano de 1992, da man de Claude Bleton e con limiar de Torrente Ballester, e, aos dous anos, L'année de la comète ou la bataille des quatre rois [El año del cometa]. A atención de Actes du Sud ás literaturas ao sur -de Francia, enténdese- levouna, amais, até Suso de Toro. Foi no selo Jacqueline Chambon, integrado en Du Sud, onde Anne Bragance publicou en francés e en 2006 Trece badaladas, pero con título lixeiramente modificado e tamén con base no español: Le trezième coup de minuit [O décimo terceiro golpe de medianoite]. Chambon mesmo converteu en best-seller no hexágono O mandarim, de Eça de Queirós.

A edificada por Hubert Nyssen foi a editorial que introduciu a Paul Auster no campo literario francés, vai xa par 25 anos. En palabras de Xesús González Gómez, crítico, tradutor el mesmo do francés ao galego -Jules Renard, o Conde de Lautréamont, Michael Löwy ou os manifestos do surrealismo, entre outros- e especialista en literatura gala, fala a respecto de Actes du Sud como dunha "editora importante, moi potente, cunha colección de peto de case mil títulos". Esa que, amais de ao Nobel exipcio Naguib Mahfuz e a Stieg Larsson, puxo en circulación boa parte da produción de Torrente Ballester, La saga/fuga de JB, Los gozos y las sombras ou Fragmentos de apocalipse incluídos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_