_
_
_
_
Reportaje:Luces

Interferencias no patriarcado

Pequenos colectivos renovan nos últimos anos en Galicia a interrelación entre feminismo e arte - As escritoras foron pioneiras na reivindicación

Mulleres disidentes que toman o espazo público para transformalo. Que loitan por abanear os alicerces do patriarcado. Non son moitas. Nin teñen máis que a elas mesmas, a súa imaxinación e os seus corpos. Son, e foron, Mulheres Transgredindo, Lerchas, Nomepisesofreghao, SomosDexenerando... Colectivos pequenos que acolleron a linguaxe artística como xeito de práctica política feminista. Hai uns días participaron nun curso da Universidade da Coruña: Suxeitos emerxentes: Sexualidades e Feminismos Contemporáneos, que, organizado por Maribolheras Precárias, analizou a interrelación entre activismo, xénero e produción artística.

Indagar na traxectoria destes grupos é tamén mergullarse nunha historia por contar: a ligazón entre arte e feminismo en Galicia. Mulheres Transgredido, de Compostela, foron das primeiras en recuperar a performance para a reivindicación. Así o lembra a artista Clara Gayo: "Había unha necesidade de ir máis alá dos métodos de sempre. O mellor é como só catro mulleres poden conseguir modificar un espazo e un tempo determinado. Un 25 de novembro espallámonos polo Toural, cubertas de sabas, inmóbiles, cun audio dunha canción de Maria Bethânia que falaba de amor. A xente ía entrando... e calaba. A atmosfera era incrible".

"Trátase de romper esquemas, que a xente nos interpele", di Rocío
O grupo Lerchas creou un Museo da Tortura da violencia contra as mulleres
Mar Caldas afirma que as artistas novas rexeitan "aludir ó feminismo"
Para Herranz, "o discurso feminista foi asumido nalgunhas cuestións"
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A Rede Feminista Galega actúa na actualidade como plataforma aglutinante para mulleres de distintos colectivos. Unha delas é Rocío, de Nomepisesofreghao. "Trátase de romper esquemas. Facer que a xente nos interpele. Para iso imos separadas, con carteis, como nunha acción que fixemos en Área Central, en Santiago, para denunciar as condicións laborais das empregadas do fogar", comenta. SomosDexenerando, que se moven no ámbito transfeminista, colaboraron con Nomepises no proceso Generatech, compartido, a través de Internet, con nodos de Barcelona ou Valencia. "Xornadas de autoformación en creación dixital, performance e programación en software libre, anodados con mesas redondas, proxeccións e espectáculos para reiventar o imaxinario de xénero imperante", sinala Beka. O impacto acadado deste xeito irradia "a nivel microsocial de círculos concéntricos que se van sumando e expandindo lentamente". Lerchas impulsaron, pola súa banda, un Museo da Tortura que recolle materiais sobre diferentes formas de violencia contra as mulleres. "Desde a industria da estética e o canon de beleza ata a concepción da maternidade como unha enfermidade, a represión sexual...", apunta unha delas, Laura. O curso da Universidade incidiu na "efervescencia", nos últimos anos, da conexión entre arte e feminismo.

Pero, onde se atopa a raizame desta eclosión? A historiadora da arte Anxela Caramés, a deseñadora Uqui Permui e a tamén artista Carme Nogueira crearon o Contenedor de Feminismos, un arquivo de documentación gráfica, escrita e audiovisual sobre a evolución do movemento feminista galego. "Polo que teño escoitado das activistas dos setenta, as accións xa se facían, pero non se lles chamaba performances. O termo estendeuse despois, tamén pola performatividade de Judith Butler", subliña Ánxela. "É un vínculo que sempre existiu, a través de concertos, exposicións... Os colectivos máis pequenos poden facer propostas máis rompedoras, claro. A Marcha Mundial das Mulleres, por exemplo, ten unha vocación máis de masas, pero nunca esqueceu a expresión artística", matiza Lupe Ces, veterana do feminismo galego.

Alén das expresións artísticas que xerou o activismo, non existía en Galicia nin no conxunto do Estado, á altura dos setenta e oitenta, nada comparable á arte feminista que se desenvolvía no mundo anglosaxón. María Ruído, Fefa Vila e Carmen Navarrete realizaron unha investigación que debulla un panorama, para eses anos, de manifestacións artísticas feministas de carácter fragmentario, non articulado, e cimentado nuns poucos nomes: Esther Ferrer, Eugènia Balcells ou Ángeles Marco. A situación comezou a mudar contra os noventa.

O curso universitario escolleu a María Ruído, Carme Nogueira, Sonia Tourón, Claudia Brenlla, Clara Gayo, María Marticorena, Mónica Cabo, Peque Varela e o grupo Post-Op para unha mostra sobre artistas galegas -boa parte delas viven fóra- que traballan desde o feminismo. Se ollamos á literatura, porén, non é necesario agardar ata os noventa. As profesoras Beatriz Briones e Helena González estudan os discursos feministas de diversas autoras. Ademais de, por suposto, María Xosé Queizán, poderíase citar a Xohana Torres, Chus Pato, Olga Novo, Pilar Pallarés, Carmen Blanco, Ana Romaní, María do Cebreiro, Teresa Moure, María Reimóndez, Lupe Gómez... A crítica teatral Inma López Silva sinala nun artigo en culturagalega.org obras dirixidas por Rosa Álvarez, Gena Baamonde, Ana Contreras e Afonso Becerra, Eduardo Alonso, Ana Vallés ou Xulio Lago, aínda que conclúe que, en xeral, "só algunhas producións de Ánxeles Cuña con Sarabela, algunhas montaxes illadas coma As virxes ou a escritura de María Xosé Queizán semellan transmitir a vontade feminista de romper co discurso dominante androcéntrico a través da deconstrución do canon".

A cuestión semella máis difícil de dilucidar no caso da pintura ou a escultura. María Xosé Queizán amósase convencida de que "hai artistas feministas: pintoras, fotógrafas..., o que ocorre é que é un tema sen estudar". Lembra creadoras cuxa obra foi revisada na revista que dirixe, A festa da palabra silenciada, como Pilar Álvarez. O risco é confundirmos arte feminina con arte feminista. Mar Caldas é unha das creadoras que participaron na mostra A arte inexistente. As artistas galegas do século XX, celebrada no Auditorio de Galicia en 1995 e comisariada por Rosario Sarmiento. "Non sei se na actualidade hai unha onda importante de feminismo dentro da arte. Si hai coincidencias claras cos discursos feministas, pero o que observo, nas artistas novas, é que rexeitan calquera alusión ó feminismo. En canto ó activismo, nos noventa a maior militancia do punto de vista artístico é a queer", reflexiona Caldas.

En conexión co anterior, Uqui Permui asegura que "o termo feminismo aínda molesta. Ás institucións non lles gusta". Esta artista foi a responsable, xunto con María Ruído, de Corpos de produción, un dos poucos traballos de arte pública feminista de Galicia, xa de volta do 2000. Entre o 2008 e o 2009 realizouse tamén en Compostela outra exposición, Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galicia, comisariada por Chus Martínez e Xosé Manuel Lens. Das artistas nela presentes, ademais de varias xa citadas, Berta Cáccamo, Andrea Costas, Montse Rego, Chelo Matesanz, Ana de Matos e Sara Sapetti poden ser as máis achegadas ó feminismo.

"É certo que a palabra feminismo pode dar aínda pudor", recoñece a artista e catedrática da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Yolanda Herranz. "Pero eu creo que os discursos feministas, en cuestións como a desigualdade, foron asumidos naturalmente", afirma. E salienta a artistas como Celeste Garrido, Sonia Tourón, María Barreiro, Laura Piñeiro, Basilisa Fiestras, Beatriz Sieiro e Ana Isabel Gil. Se en Galicia non se desenvolveu antes esta arte foi porque Atlántica non deixou nos oitenta espazo para postulados artísticos contrarios ó formalismo.

As pegadas do feminismo poden atoparse na actualidade en diversos xeitos de arte. É difícil non velas, por exemplo, nas obras de BStudio Danza ou Nut Teatro. De igual maneira que se detecta en músicas como Uxía ou Mercedes Peón. E non só o activismo feminista explora a linguaxe artística como praxe política. O movemento altermundista, ou o LGBT, fan o mesmo. "Un movemento gai debe ser, ante todo, feminista", di Rubem Centeno, de Maribolheras Precárias. "A práctica literaria do feminismo intelixente e profundo acadou cambios positivos cara á superación dos sexismos. Mais segue sendo moi preciso propagar a paz sexual, mediante a extensión da civilización da vida e do amor, da fraternidade, da solidariedade e do diálogo", conclúe Carme Blanco.

<i>Performance</i> da dramaturga e artista Clara Gayo.
Performance da dramaturga e artista Clara Gayo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_