Modelos de xestión cultural
No ano 1998 pedín autonomía para o CGAC, porque naquel intre era o xeito de acadar maior axilidade administrativa. Sempre fun partidario de que os directores sexan xerentes ou que, polo menos, se impliquen nas tarefas administrativas. Daquela existía certa desconfianza e unha clara tendencia a non ceder ningún control, especialmente por parte dos estamentos medios.
A finais de 2004, o Padroado do CGAC aprobou, co apoio activo do presidente Manuel Fraga, o cambio de estatuto para converter o centro de arte nun organismo autónomo ou nunha fundación, que era a miña opción preferida. Tras a posterior convocatoria das eleccións autonómicas, decididimos deixar a súa execución para que a ratificase o novo Goberno. O bipartito nin sequera o tivo en conta, supoño que porque no fondo desconfían dese tipo de cambios.
Hoxe está claro que o modelo de institución cultural válido hai 10 anos xa non serve, pero a reflexión sobre o presente do CGAC, unha institución á que quero e á que lle desexo o mellor, non me corresponde. Eu intento definir nun momento complexo o proxecto da fundación Gonzalo Torrente Ballester para convertela, cun orzamento e un equipo mínimos, nun dos referentes culturais de Galicia. E non vou a parar ata conseguilo.
Miguel Fernández-Cid, director do CGAC entre 1998 e 2005 e actual director-xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.