_
_
_
_
Luces

Novo espazo de debate cultural en Vigo

Un coloquio co arquitecto Alfonso Penela estreou a programación do Espacio Sirvent, un novo ámbito cultural na cidade de Vigo auspiciado pola familia homónima, propietaria dunha empresa de mobiliario contemporáneo fundada en 1940. A relación entre o deseño e as manifestacións artísticas é o fío condutor dun calendario de encontros con profesionais e creadores vencellados a estas expresións seleccionados polo comisario independente Ángel Calvo Ulloa (Lalín, 1984), quen exerceu tarefas de coordinación en eventos artísticos como Look Up! Natural Porto Art Show ou a Feira de Arte Contemporánea Espacio Atlántico de Vigo.

"Trátase de xerar debates, por iso non estamos nunha sala convencional. Atopámonos encol dunha sorte de taboleiro de xadrez, un xogo complexo con normas que, malia marcar os movementos básicos, permiten combinacións infinitas", explica o comisario. O ciclo continuará nos vindeiros meses, de entrada até febreiro de 2012, con intervencións dos deseñadores Javier e José Luis Diéz (díez+díez diseño) e do músico Carlos Quintá, membro do grupo Linho do Cuco e profesor de acordeón na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo.

As propostas abriránse a todos os públicos, xeral e especializado, nas datas previstas nun reservado da sede da sintura viguesa, un edificio situado na Gran Vía e remodelado en 2004 polo propio Penela. A obra obtivo o Premio de Arquitectura Enor de Galicia en 2006. Na súa charla, titulada O algodón non engana, o arquitecto explicou as características do proxecto que creou para Sirvent.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_