_
_
_
_
Reportaje:Luces

As mulleres asaltan o 'indie'

Son debutantes, autoedítanse, cantan en inglés e colleitan recoñecementos

Faise chamar Jane Joyd e acaba de protagonizar unha das sorpresas musicais do ano ó ser proclamada ganadora do Proxecto Demo 2011. Este concurso de maquetas, organizado polo FIB Benicàssim, é o máis relevante da escena independente española, e a música de Jane Joyd foi a elexida entre 700 aspirantes. Jane Joyd é o alter ego de Elba Fernández, coruñesa de 29 anos que leva un par deles intentando abrirse camiño como solista, compaxinándoo co seu traballo como fotógrafa. Agora parece que chega a súa quenda, e en xullo terá a ocasión de tocar en Benicàssim, compartindo cartel con Arcade Fire, Portishead ou The Strokes.

"Para min será importantísimo. O certame ten unha enorme repercusión, tamén a nivel internacional, con moito público estranxeiro, pero creo que o mellor é que me dá entrada na escena independente, onde eu non estaba valorada antes", explica esta artista, que ten polo de agora só catro temas gravados pero prepara novo disco para despois do verán. Jane Joyd é unha artista cunha voz que transmite delicadeza e emotividade, e fai unha música que ela mesma define como "de corte folk americano, pero no fondo moi libre".

Hai algo en común e dío Joyd: "Só quero facer música e que guste"
Más información
Patricia Moon, a violonista rockeira

Case no mesmo carreiro que Jane Joyd está outra coruñesa, Cardigan Bridge, que non sen certa ironía adaptou directamente ó inglés o seu nome e apelido. Cardigan Bridge non é máis que a tradución literal de Rebeca Ponte, unha artista e comisaria de exposicións residente en Melide e que empezou a facer música como acompañamento das súas instalacións e as doutros artistas amigos seus. "Empecei compoñendo para as miñas pezas, para outros amigos artistas e para desfiles de deseñadores de moda que están empezando.Formeime en saxo e gústame o jazz, e nesa liña fun vendo un camiño para facer os meus temas", explica a artista Cardigan Bridge. Hai uns meses autoeditou o seu primeiro traballo, oito temas en inglés, co nome de On the windowsill. Cun estilo de música que mestura o jazz e o folk, en pouco tempo foi reclamada para tocar abrindo a pasarela de moda 080 de Barcelona e o Fitting Room de Madrid, un par de eventos de tendencias entre os máis relevantes a nivel europeo. No último ano deu máis de 30 concertos percorrendo a xeografía española.

Cando se fala da irrupción do modelo "rapaza-con-guitarra" é inevitable facer referencia á corrente emerxente que desde hai uns anos sacode a escena independente española, con solistas como Alondra Bentley, Annie B. Sweet, e a abandeirada deste movimento, a madrileña Russian Red. "Ninguén pode discutir que esta porta abriuna Russian Red, iso é innegable. Antes todo estaba máis pechado para as mulleres compositoras. Ela abriu un camiño nun mundo de homes e estamos empezando", explica Rebeca Ponte. Aínda así, a solista que se fai chamar Cardigan Bridge advirte que "non se pode meter a todas no mesmo saco só por ser mulleres e cantantes. Porque logo non temos nada que ver", opinión que comparte o xornalista musical Nonito Pereira, director da edición galega da revista Mondosonoro. "Non son semellantes en nada. Vemos unha muller con guitarra e pode responder a un estereotipo, pero son estilos moi diferentes", matiza Pereira, coñecedor da escena galega.

Ademáis de seren mulleres, debutantes e cantar en inglés, Cardigan Bridge e Jane Joyd optaron por unha vía común para gravar os seus primeiros traballos: a autoedición. "Agora a industria non arrisca, e a autoedición dache unha liberdade de datas, de traballo e de estilo. Para empezar está ben tirar polo que ti cres. É sacrificado economicamente, pero moi libre", explica Elba Fernández, que gravou nos estudios Abrigueiro os temas que acabou enviando ó concurso de Benicàssim. Máis acostumbrada á autoedición dos seus traballos estaba Cardigan Bridge, que adoitaba autoproducir as súas músicas no mundo da arte. "Fíxeno como calquera cousa máis que fago, pero non pensei que fora coller esta dimensión, por iso tampouco llo ofrecín a ninguén", explica a artista coruñesa, que está a preparar varios concertos en Nova York para a volta do verán.

Cardigan Bridge ou Jane Joyd son dúas das mulleres solistas que tratan de abrirse camiño desde Galicia, pero non as únicas. Silvia Penide segue labrando a súa traxectoria, a ferrolá Olaia Pazos ábrese oco coa súa mestura de cabaré e onda PJ Harvey, o folk-punk de When Nalda became punk, alter ego da viguesa Helena Sestelo, ou a violinista Patricia Moon, que abre vías próximas ó rock. "Agora fálase moito deste fenómeno de mulleres solistas na escena indie galega, pero aquí fomos por diante, porque hai catro ou cinco anos Sevigny fixo un disco magnífico", explica Nonito Pereira. En todo caso e, segundo como poida evolucionar a traxectoria destas intérpretes, Jane Joyd mostra unha declaración de intencións que parece común: "Só teño intención de facer música e de que guste. E despois xa se verá".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_