Patricia Moon, a violonista rockeira
Patricia Moon é a excepción ao modelo "rapaza-con-guitarra" do panorama das mulleres na escena independente galega. Moon elexiu un instrumento menos convencional para achegarde ó mundo do rock: o violín. Nacida Patricia Argüelles (Vigo, 1982), esta violinista forxada nunha longa carreira de conservatorio e música clásica sacou o pasado ano un disco soprendente, que bautizou co seu mesmo nome.
"Bebo das influenzas da música clásica e da música moderna, sobre todo do rock", afirma esta violinista viguesa, que acaba de estar un ano becada en Berkeley, onde se estivo formando na composición de bandas sonoras. Moon fabricou un disco sorprendente, con 10 temas onde se mesturan todas as fontes musicais das que fala, a veces con vibrantes temas instrumentais, e outras veces cantados cunha voz que provoca entre calafríos e desacougo. Tanto se poden escoitar nela reminiscencias de Nigel Kennedy, o violinista que reinterpretou a Vivaldi cun aire punki, como de Tom Waits, como dunha banda sonora que podería encaixar nun filme de Tim Burton. E para mostra están os videoclips dos temas What for ou The man who live dead, onde todo está envolto por unha sutil atmosfera gótica. "En realidade, antes xa tivera contacto co mundo do rock colaborando con Siniestro Total, Los Piratas ou Matt Elliot, e tamén collín experiencia de aí", lembra esta violinista formada tamén en Berlín e que esta semana tocou no Imaxina Sons.
Cando aínda asinaba como Patricia Argüelles fíxose célebre por unha performance que deu a volta ao mundo: estar pechada unha semana nunha caixa de vidro para compoñer unha canción. "Aquilo foi unha locura. Chamáronme dun montón de sitios e ofrecéronme moito diñeiro para saír despois en moitas teles, pero non tiña disco nin nada que ofrecer e descarteino", explica. Mentres espera para volver a EE UU este verán, ten previstas varias actuacións en Galicia, algunhas xunto co músico Andy Chango.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.