_
_
_
_
Luces

Mapas e pintura mestúranse nunha mostra de Tatiana Medal en Santiago

Cartografía e pintura son aparentemente cousas que non teñen moito que ver entre si. Pero a artista coruñesa Tatiana Medal (A Coruña, 1971) mestúraos na súa última proposta plástica, unha mostra que leva por titulo Karten (mapas en alemán) e que se inaugurou onte na galería SCQ de Santiago. A peza principal da exposición é unha especie de gran quebracabezas formado por 104 pezas nas que Medal realizou unha interesante intervención pictórica sobre mapas de diversos lugares del mundo.

A artista sinala que nas súas últimas obras se percibe unha evolución no seu traballo, aínda que, como é habitual na súa produción, segue a explorar os diversos camiños que poden atoparse dentro da pintura. "Os mapas son unha referencia a determinados percorridos e traxectos, pero sempre xogando coa compoñente pictórica", sinala Medal, quen engade que os mapas sempre foron referencia no seu traballo. Nesta ocasión convértense nunha presenza moito máis evidente dentro da súa obra. "Coincidiu que fixen esta peza nun momento no que non podía viaxar, e traballar cos mapas foi unha forma de poder facelo a través da intervención que fixen neles", expón a artista. Algún dos mapas fan referencia a viaxes realizadas pola artista, pero outros son simplemente un punto de partida para desenvolver a súa propia obra.

A peza principal da exposición é unha especie de gran quebracabezas

Ademais da obra central da mostra, Medal tamén presenta nesta ocasión un par de pezas que semellan antes esculturas que pinturas. Están facturadas en aluminio e sobresaen da parede, aínda que máis que estar colgadas dan a sensación de flotar no aire. "En realidade son pezas que fixen para tratar de saír un pouco do plano da pintura. De todos os xeitos, cáseque me interesan máis as sombras que proxectan sobre as paredes que as propias pezas en si mesmas". apunta Medal.

Ademais do delicado emprego da cor que caracteriza toda a obra da artista coruñesa, nesta ocasión faise evidente un interese moito menor que noutras ocasión polas formas xeométricas. A artista prefire dar máis importancia á compoñente orgánica das pezas. Isto resulta evidente nas obras realizadas en aluminio ás que xa aludimos anteriormente.

Tatiana Medal é unha das artistas galegas máis salientábeis da súa xeración. Nos últimos anos recibiu distincións como o Gran Premio de Honra no VII Salón de Outono de Pintura da Coruña en 2008. Despois dunha etapa na que residiu en Berlín, foi evolucionando na súa obra e introduciu novas gamas de cor, ademais de afondar na súa investigación sobre a representación no espazo bidimensional do cadro. A súa obra pode considerarse abstracta, malia que ás veces haxa referencias concretas, como ocorre en Karten.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Medal prefire non condicionar ao espectador que se achega á súa obra e propón que cada un saque as súas propias consecuencias sobre o que pode contemplar nuns cadros que apostan pola pervivencia da pintura coma a disciplina que aínda segue a contar con novos camiños por explorar. A mostra en SCQ permanecerá aberta ata o vindeiro 19 de abril. Curiosamente, tamén poden verse pezas de Medal no Kiosko Alfonso de A Coruña nunha mostra colectiva.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_