_
_
_
_
_

Café Miúdo de Santiago, a fin dun lugar "para xente inqueda"

En 1999 a tasca A Tuna, nunha agochada calexa do casco vello compostelán, transformouse no café bar Miúdo. Once anos máis tarde, o impulsor daquela metamorfose -de taberna en local "para xente das artes inqueda"-, bota o peche. "A hostelaría é un traballo que debes coller con moitas ganas, e eu xa non as teño", explícase Óscar Cobo, á fronte do bar dende a reconversión. Para dicir adeus, o Miúdo convocou mañá, no Auditorio de Galicia de Santiago a partir das nove e por 25 euros de entrada, a unha présa de músicos, escritores ou bailaríns relacionados coa década de activididades culturais do estabelecemento.

"Quería unha despedida acorde co que foi o espírito do bar", expresa Cobo. Para iso organizou Desligados do Miúdo, unha noite en que o free jazz do pianista Pablo Seoane convivirá coa chanson de Les Troix de Cora e o punk de autor de Leo i Arremecághona co jazz folk do dúo de acordión e contrabaixo Pel de Noz, Tonhito de Poi co pioneiro do rockabilly galaico Lou Reyes. "Levamos o ambiente dun bar a un escenario teatral, máis grande", di. Polas táboas do Auditorio de Santiago pasarán ademáis o pianista Abe Rábade, a bailarina Ángeles Iglesias ou a poeta María do Cebreiro. "Todos os músicos traballan en creative commons ou con copyleft, con licenzas libres", engade Cobo.

Estudio improvisado

Na pequena historia do local abundan os episodios singulares. Alí queceron os seus dedos Marcos Coll e Adrián Costa, hoxe reputados estilistas dos circuítos blues europeos baixo o nome Los Reyes del K.O. "Os grupos que empezaban e que non tiñan cartos para pagar un estudio de gravación gravaron no local", relata, "pequeno pero con moi boa acústica". Jacaraná, un filme documental de Pablo Cobo sobre como os estranxeiros residentes en Compostela percibían a música facturada na capital, tamén se gravou no espazo do bar.

"Funcionamos como un local social, un local multiusos", rememora, "mesmo organizamos o primeiro campionato mundial de damas chinesas; só había catro persoas que soubesen xogar". Óscar Cobo, unha vez pase a noite do sábado, fará as maletas con destino a Buenos Aires. "Mellor que empezar a facer as cousas mal é non seguir e que outros collan o relevo", conclúe. O Miúdo volveu, dende onte, a abrir portas, con novos encargados.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_