_
_
_
_
_
INMA LÓPEZ SILVA | Luces

"A vida era diferente na aldea"

Na aldea dos avós de Inma López Silva (Santiago, 1978) a todos os cativos lles chamaban Balbino cando non lles sabían o nome. A autora de Memoria de cidades sen luz (Galaxia, 2007) leu con sete ou oito anos a obra máis célebre de Xosé Neira Vilas, tirada da biblioteca familiar. Non houbo unha segunda lectura, pero aínda así a novelista ten recordos dunha obra "marabillosa". Na familia tamén o leron e tamén sentiron a proximidade. "Meu pai dábase conta de que ese libro contaba a vida de moita xente.

A infancia rural de Balbino foi toda unha descuberta para a nena da cidade. "Fíxome comprender que a vida nunha aldea era diferente, que a xente marchaba", reflexiona. Malia o medio século de lecturas que acumula Memorias dun neno labrego, o relato sobre a Galicia labrega, desangrada polo éxodo rural e o sometemento aos señoritos, non perdeu actualidade porque "contén reflexións universais sobre a descuberta do mundo".

Más información
Coma quen dis, un ninguén
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_