Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
MARILAR ALEIXANDRE | Luces

"Neira Vilas foi un pioneiro"

Para Marilar Aleixandre (Madrid, 1974), Memorias dun neno labrego non é un libro da infancia. Leuno por vez primeira con 25 anos, pouco despois de chegar a Galicia para dar clases nun instituto. "Poderiamos discutir se é un libro para nenos ou para adultos", afirma. A obra de Neira Vilas, omnipresente no programa da materia de Lingua e Literatura Galega dos centros de ensino, amosa un mundo alleo para os estudantes de hoxe. "Os lectores dos 70 son os pais de agora. A vida dos nenos cambiou tanto nunhas poucas décadas que moitas veces non o apreciamos. O libro reflicte moi ben a vida deses rapaces", sinala a autora, hoxe profesora de Didáctica e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Amais de valor literario, Aleixandre subliña o uso didáctico das vivencias de Balbino, porque "un neno con aspiracións, coma Balbino, se quería ler non tiña libros, nin bibliotecas". Tampouco esquece a narradora o caracter "pioneiro" de Memorias dun neno labrego. "Até entón non había nada salvo as obras de Dora e Pura Vázquez"

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de diciembre de 2010