_
_
_
_
_
ROSA ANEIROS | Luces

"Parecía que falaba do meu padriño"

Memorias dun neno labrego consegue o que poucos libros conseguen: a súa lectura funde o imaxinado e o real. Talvez por iso Rosa Aneiros (Meirás, Valdoviño, 1976) púñalle a Balbino o rostro do seu padriño. "Ademais, marchara para América con 15 anos e, cando regresou, falaba da etapa anterior e eu imaxinábao nas peripecias de Memorias...", completa.

Aneiros pertence áos pequenos que estudaron galego na escola. Alí foi onde contactou co universo de Neira Vilas. "Impactárame moitísimo o inicio, lémbroo con clareza", asegura, "porque eu estudaba en Valdoviño e todos viñamos da aldea, pero non era xa a aldea de Balbino, aquilo soábanos polo que contaban os pais ou os avós". Nin ela nin os seus compañeiros entendían que os meniños de aldea fosen "ninguén". "Como que un 'ninguén'?, preguntamos sobrecollidos, recórdoo", di.

Más información
Coma quen dis, un ninguén

Segundo Rosa Aneiros, ningún autor pode escapar á influencia de Balbino, por acción ou por omisión. "Todos somos herdeiros da literatura anterior a nós", sentencia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_