Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ | Luces

"Inflúe mesmo sen que te decates"

Para Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) non hai dúbida: Memorias dun neno labrego é un clásico. "Volvín a el recentemente e fixen unha lectura acorde coas miñas preocupacións actuais", relata, "isto demostra que, segundo as teses de Italo Calvino, estamos perante un clásico". E o Premio Nacional de Literatura Juvenil 2008 contactou por primeira vez con el "cando era novo". "Non o asocio con ningún lugar, como pasa con outros libros, pero era unha desas lecturas imprescindíbeis".

No ver de Fernández Paz, a obra de Neira Vilas atravesou diferentes fases de recepción. "Ao principio liámolo cunha perspectiva social, a oposición pobres contra ricos e a defensa do mundo rural", expón, "na miña última lectura descubrín vetas novas". Balbino aprende, nas súas memorias, que as palabras serven para nomear o mundo e contar a súa historia. "Agora isto é, para min, o fundamental", considera o autor de Cartas de inverno, quen non nega influencia do libro no seu traballo: "Está no substrato e exerce influencia mesmo sen que te decates".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de diciembre de 2010