Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
SANTIAGO JAUREGUIZAR | Luces

"Conectou sentimentalmente co país"

Antes de máis, Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965) admite ter "un recordo idealizado" de Memorias dun neno labrego. "Pásame algo semellante con Merlín e familia, que lin na mesma época", explica. Esa época foi cando o escritor contaba 13 anos e cursaba estudos nun colexio de Ribadeo: "Axiña recoñecín o mundo de Balbino, que non era o meu pero si o dos meus amigos, que ían coas vacas e tomaban sopas de pan".

Jaureguizar, fillo dun profesor de secundaria, caracteriza aos balbinos da súa xeración con moto aos 16 anos e coche aos 18. "Deixaban o instituto antes de rematar e eu tíñalles envexa". En Fridom Spik, o seu primeiro libro publicado en 1995, admite que practicou "unha revisión" da vida mocidade rural. "Aínda que nos noventa: os horizontes vitais mudaran", matiza.

"O certo é que o meu fillo xa non entendería o mundo de Balbino", engade e conclúe: "Pero Neira Vilas foi o primeiro en chegar ais rapaces, conseguiu unha conexión sentimental con todo un país. Non todos os escritores poden dicir iso".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de diciembre de 2010