Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
ANTÓN LOPO | Luces

"É un punto e final"

Foi Saleta Goi, hoxe viúva do poeta Manuel María, quen puxo nas mans de Antón Lopo (Monforte, 1961) o primeiro exemplar de Memorias dun neno labrego, na libraría Xistral, rexentada polo matrimonio na capital de Lemos. Da primeira lectura, con 15 ou 16 anos, lembra a mirada inocente de Balbino."Foi unha descuberta pola eficacia ao narrar o mundo dende un punto de vista inxenuo". Ao volver á obra nos anos 80 -pouco antes de viaxar a Cuba e coñecer a Neira Vilas e Anisia Miranda- foi máis consciente da lectura excepcional de Memorias... unha década antes, aínda puxante unha Nova Narrativa que impuxo o espazo urbano sobre o rural. "Cando lin a novela por primeira vez, a literatura galega afastábase do campo", xustifica o xornalista. Deostado polas letras ao mesmo tempo que o éxodo comezaba a baleirar aldeas, o rural non volveu protagonizar, según Lopo, un título máis importante que o de Neira Vilas. "Hai feitos na cultura que son irreversibles. Quen tratou de seguir a estela de Memorias... non o logrou. É un punto e final, un clásico".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de diciembre de 2010