_
_
_
_
Reportaje:Luces

Unha proposta 'senigual'

A galego-arxentina María Rosa Lojo publica un libro ilustrado pola filla

"Son seres do vento que pousan na terra, e que encol dela precisan caxato. Seres femininos sen cara precisa e con longas cabeleiras desproporcionadas de sereas aéreas". Este é o inicio de O libro das senisguais e ao mesmo tempo a descrición dos seres que protagonizan unha historia ilustrada nacida da colaboración entre a escritora galego-arxentina Maria Rosa Lojo, a cargo da parte literaria, e da súa filla, Leonor Beuter, a cargo das imaxes. A obra xa pode atoparse nas librerías galegas e ao longo do próximo ano tamén poderá mercarse nas tendas de Arxentina. "Aínda que poida parecelo, non é un produto pensado para os nenos. Iso si, creo que cumpre coas condicións que debe ter a literatura infantil e que para min é aquela que tamén os nenos poden ler", explica María Rosa Lojo.

"A literatura infantil é aquela que tamén os nenos poden ler", afirma Lojo

A coautora do libro sinala que a idea partiu da súa filla, quen creou os bonecos que protagonizan a historia baseándose nos quitapenas, uns seres habituais na tradición oral de diversos países de América Central. "Eu tardei algún tempo en engancharme coa proposta, pero ao final decidinme e tratei de construír una xenealoxía das seniguais que é no que consiste o libro", apunta Lojo, quen recorreu a Galaxia, a súa editorial en Galicia, para facer realidade o proxecto. Polo alto custo que supuña a edición non foi posible facelo na Arxentina. De calquera xeito, a Editorial Galaxia ten previsto distribuír o libro no país austral e tamén edítalo en castelán. Lojo non descarta que a obra poida ter continuidade para editar novos libros que teñan historias protagonizadas polas seniguais.

O libro consta de medio cento de páxinas, nas que se poden ler descricións sobre o mundo das seniguais xunto a fotografías realizadas cunha coidada escenografía e na que aparecen os bonecos protagonistas da historia. "Os textos son bastante irónicos e teñen moito sentido implícito, pero non creo que iso sexa un problema para que aos nenos lles poida resultar moi atractivo", explica a autora, que combina habitualmente na súa obra elementos da terra arxentina, onde naceu, coas vivencias da tradición galega herdada da súa familia. O pai de María Rosa foi un galego republicano que emigrou a Arxentina despois da Guerra Civil.

Lojo é unha autora moi coñecida, e recoñecida, en Arxentina, especialmente polas súas obra de raíz histórica, e formou parte da delegación de escritores deste país que participou na recente Feira do Libro de Francfort, onde o austral foi país convidado. A última das súas novelas publicouse en Arxentina en marzo deste ano. Trátase de Arbol de familia, unha historia en que se mesturan as raíces galegas e arxentinas da autora e na que reflexa dende diversos puntos de vista os contextos sociais e políticos da diáspora española, e particularmente a galega, a finais do século XIX por motivos económicos e despois da Guerra Civil por causas políticas. Ademais da súa actividade coma novelista, Lojo tamén é investigadora e publicou varios ensaios, un deles (feito en colaboración con outros dous autores) trata sobre a evolución da imaxe dos galegos entre os arxentinos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_