_
_
_
_
Reportaje:Luces

Unha voz que nunca calou

Maruxa Boga, símbolo da cultura galega en Arxentina, morreu sen recoñecemento

Hai pouco máis de mes e medio que se apagou definitivamente unha das voces máis importantes para a historia da emigración galega na Arxentina. O 26 de xullo faleceu en Buenos Aires a locutora e actriz Maruxa Boga, unha muller que contribuíu a difundir e manter viva a cultura galega na Arxentina nuns tempos en que as circunstancias políticas facían deste labor case unha heroicidade. Boga, que morreu cando contaba 95 anos, só coñeceu persoalmente Galicia cando xa con idade avanzada, pero iso non lle impediu construír na cabeza unha terra que se parecía moito a aquela da que os seus país lle falaban dende nena. A lingua galega que escoitaba na casa foi para ela un ben valioso que sempre coidou.

A colectividade emigrante non lle deu o adeus que merecía

A figura de Maruxa Boga non se pode entender sen ter en conta o compromiso político. O ideario republicano tamén o herdou dos seus pais. O programa Recordando a Galicia, en antena ao longo de 40 anos en distintas emisoras de Buenos Aires, converteuse nun punto de encontro de grandes personalidades da política e a cultura. Castelao, Blanco Amor, Suárez Picallo ou Maruxa Villanueva foron algúns dos persoeiros entrevistados por Boga. O programa naceu en 1945 e nos primeiros anos de emisión Boga traballaba co actor Fernando Iglesias, Tacholas, co que tamén compartía escenario nunha compañía teatral. O seu obxectivo era manter vivo o teatro galego, ameazado polo triunfo do franquismo en España. A parella Boga-Tacholas representou moitas obras de temática e autores galegos, pero a máis coñecida foi Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

Boga comezara o seu traballo na radio a principios dos corenta no programa Galicia da actriz Maruxa Villanueva, outra muller fundamental para a cultura galega no exterior. Tacholas deixou o programa de Boga no ano 1953 e ata 1984 Maruxa seguiu ao fronte do mesmo xunto ao seu marido Alfredo Arosteguí, unha das figuras máis importantes do xornalismo deportivo en Arxentina.

Graciela Pereira, fundadora e presidenta da asociación cultural Os Gromos de Buenos Aires foi amiga de Boga durante as últimas décadas da súa vida e apunta que seguramente a gran frustración de Maruxa foi deixar o seu programa de radio pola falta de anunciantes. Recordando a Galicia foi mudando de emisoras pola falta de recursos, malia contar cunha audiencia fiel. Pereira lembra que Boga, aínda nas épocas máis difíciles, sempre se amañaba para que a lingua galega se escoitase nas ondas, ben a través dalgún poema, ben a traves dos seus invitados. "O programa non tiña un contido político, pero se diferenciaba claramente doutros moito máis folclóricos que caracterizaban a colectividade española en Arxentina", sinala Pereira.

Varias persoas que a coñeceron apuntan que o distanciamento entre Boga e a colectividade galega en Buenos Aires nos últimos anos da súa vida debeuse a que a locutora nunca perdoou que os empresarios galegos de Arxentina non contribuísen a soster o programa. A morte do seu home e o desencanto por non continuar co traballo fixeron que os seus últimos anos non fosen felices. Un dos últimos actos públicos en que se deixou ver foi no 60º cabodano de Castelao, este xaneiro en Buenos Aires este xaneiro. O compromiso intelectual e político de Boga mantívose intacto.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O maior recoñecemento institucional que obtivo Boga na vida foi na apertura da Delegación da Xunta en Buenos Aires, en 2007. Daquela púxose o seu nome ao auditorio da sede da institución. Pero ata este pequeno aceno tivo unha vida efémera. A mudanza da delegación a un edificio con menos espazo implicou a desaparición do auditorio. Agora só unha placa deixa constancia desta homenaxe serodia. Aínda que Boga non era unha muller á que lle gustasen os honores, parece evidente que a súa figura merece máis atención que a recibida. Pereira apunta que nin sequera no intre do seu pasamento a colectividade galega en Buenos Aires deulle a Boga o adeus que lle correspondía a unha muller que sempre defendeu a Galicia e a súa cultura máis alá das diferenzas ideolóxicas existentes.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_