Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

Callón: "Había máis filmes en galego en 1997 ca hoxe"

Co libro En castellano no hay problema, Carlos Callón (Ribeira, 1978) procura "retallos para construír a autodefensa da lingua". O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística vén de publicar, da man de Xerais, un volume ferramenta a xeito de "munición cívica para o combate en defensa do galego". Nas páxinas de En castellano... recolle textos datados entre 1997 e a actualidade, publicados en diferentes medios de comunicación: A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Vieiros, Xornal ou El Correo Gallego. "O problema neste país segue a ser a imposibilidade de vivir en galego", afirma

"Fun máis xeneroso á hora de escolmar traballos recentes", explica Callón, "por resultaren máis útiles para este tempo de ataques ao galego, pero tamén cheo de potencialidade grazas á reacción social en defensa da lingua". E iso malia que os artigos de maior idade sérvenlle ao activista para constatar "como en 1997 había máis filmes en galego no cinema dos que hai agora". En castellano no hay problema inclúe, a xeito de testemuños de campañas e accións da Mesa, escritos a prol da dobraxe ao galego do filme de Eugene Brady portagonizado por Pierce Brossmann Un amor por descubrir ou contra a representación, en Galicia e participado polo Centro Dramático Galego, d' Os vellos non deben de namorarse en castelán.

"Obra colectiva"

Callón prefire falar de obra colectiva, "aínda que teña sinatura individual". Así, os fíos vermellos que cosen as follas dun libro titulado mediante votación electrónica abeberan nas formulacións da organización que preside. "Por unha banda, trato de desmontar mentiras", argúe, "por caso, de que maneira co pretexto do bilingüismo só se tenta reducir o espazo do galego. Por outra banda, propomos medidas concretas para a normalización do galego".

En castellano no hay problema súmase ao florecemento nos últimos tempos de obras arredor da problemática lingüística. Pilar García Negro, Henrique Monteagudo, Goretti Sanmartín, Freixeiro Mato ou o 55 mentiras sobre a lingua galega significa, segundo Callón, "un síntoma máis da defensa social da lingua". "O psicanalista Fernández Blanco dime que pasamos da burocratización á libidinización da lingua", di, ao tempo que agarda pola aplicación do decreto nas escolas: "Vanse atrever expedientar aos profesores que dean aulas en galego?".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 7 de mayo de 2010