_
_
_
_
Luces

A clase maxistral de Mabel Rivera na pel de María Callas

"Triunfou na música e fracasou na vida". A actriz ferrolá Mabel Rivera (Ferrol, 1952) asumiu onte o complexo reto de meterse na pel e na gorxa de María Callas na estrea absoluta de Master Class no teatro Jofre de Ferrol.

A peza, case unha biografía teatralizada, abonda na dicotomía existencial dunha artista xenial e muller fracasada. "María Callas, a diva, revolucionou o mundo da ópera coa súas interpretacións vocais e o seu talento dramático, pero a muller, Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, viviu como a intérprete da súa propia traxedia grega", reflexiona Rivera.

A obra adapta un texto orixinal do dramaturgo norteamericano Terrence McNally, e recrea unha clase maxistral que a soprano de orixe grega impartiu contra o final da súa vida na prestixiosa academia Julliard?s, de Nova York. Escrita hai 15 anos, esta obra valeulle o seu autor un premio Tony de teatro, o equivalente ós Oscar no cine.

Conta Rivera que ela mesma fixo a primeira traducción da peza orixinal, do Terrence McNally, que "tiña pola casa". "Foi unha traducción pura e dura, sobre un texto marabilloso, moi ben construído dramaticamente que houbo que alixeirar".

O proxecto arrincou hai case tres anos, no 2007, durante unha pequena incursión de Mabel Rivera no mundo lírico participando nunha montaxe coa Orquesta Sinfónica de Galicia. Explica que caeu na conta de que eran "mundos escénicos que vivían de costas". Do empeño por levar a táboas galegas a clase maxistral de María Callas pende a fascinación persoal de Rivera pola diva grega e a admiración pola peza de McNally "capaz de artellar un conflito dramático en cada diálogo".

Mabel Rivera, premio Goya en 2004 polo seu traballo en Mar adentro, soporta practicamente todo o peso da trama e da tensión dramática dun guión extenso, complexo e moi rico en información que consume hora e media de función sen pausas, que foron sacrificadas para "non arrefriar" o patio de butacas. A actriz retrata a unha muller "autoexixente e infeliz, que se sentía fea e gorda e que era coñecedora da gran beleza da súa voz".

"É unha obra de actriz, claro está" apunta o director, Xosé Manuel Rabón, "satisfeito" co resultado dunha produción made in Galicia, tanto no vestiario, como na escenografía. O elenco complétano Lino Braxe, encarnando a Manny, o pianista, e María Torres, no papel de Sophie, unha das alumnas. Celso Parada será a voz de Aristóteles Onassis, o gran amor de Callas, e a parte lírica corre por conta do tenor Enrique Martínez, Tony, e Julia Cea, Sharon, como segunda soprano sobre un escenario prácticamente nu, ambientado nos setenta e co piano como eixe referencial.

Master Class, de Bengala Produccións, estreouse onte no Jofre, polo confesado empeño de Mabel Rivera de debutar "no seu teatro", o da súa cidade natal. Repetirán función hoxe e mañá, días 16 e 17 de abril, ás 21.00. Despois iniciarase unha longa peregrinaxe que levará a traxedia de María Callas polos mellores teatros galegos da man do Xacobeo 2010, e outros escenarios estatais no vindeiro ano.

Os primeiros aloumiños do público local xa os recibiron antes da estrea. Un reducido grupo de veciños, convidados polo concello e pola compañía teatral, asistiron a principios desta semana a un ensaio aberto.

Onte, entre familiares, amigos "e o público protocolario" das estreas, a actriz ferrolá botaba en falta a unha persoa no patio de butacas. Case a mesma hora, no Pazo da Cultura de Narón, o seu marido, Enrique Banet, recibía o premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual na gala dos Mestre Mateo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_