Cordovani adapta 'Orlando' para o Teatro Arte Livre
Doce anos levaba o actor e director de teatro Roberto Cordovani rumiando un plan para levar a escena o clásico de Virginia Woolf (1882-1941), Orlando. O artista brasileiro afincado en Galicia lembra que foi caer nas súas mans a inclasificábel novela publicada en 1928 e ficar absolutamente fascinado pola súa reflexión sobre o tempo e a identidade: "Gostei inmenso! Até o punto de que sentei a escribir e nunha madrugada completei a miña adaptación dos 400 anos polos que discorre o orixinal".
Un avatar temporal certamente irónico marca a cronoloxía do Orlando teatral. Con aquel texto recén forneado, Cordovani cadrou coa actriz portuguesa Eunice Muñoz, figura da escena lusa, na súa veneración compartida pola fábula de Woolf e ofreceulle a dirección de actor: "As súas indicacións foron cruciais; ela insistía na necesidade de comprender a esencia do libro para evitar o risco de vomitar o texto". Outras viravoltas inesperadas impediron que o proxecto callase en 1998. Até o presente. Ás 21.30 horas de hoxe o pano do Teatro Arte Livre, a sala que Cordovani e Eisenhower Moreno xestionan en Vigo, erguerase para a estrea. O cartel, por fin, anuncia Orlando. 400 anos de ambigüidade.
A sala inicia un ciclo de produción propia sobre a homosexualidade
Coas notas de Muñoz como fío condutor, Cordovani fala de novo reto na súa traxectoria: "É a primeira vez que afronto un monólogo e para min representa traballar un límite". As ideas progresistas formuladas polo grupo de Bloomsbury nun marco intelectual desprexuízado e reflectidas nunha praxe formal complexa convidan a considerar a síntese labor excepcional. "Falamos dunha sucesión de catro séculos contada en hora e cuarto", advirte o actor. Outras voces acompañan en escena a dramatización, revestida de dinámicas de luz, efectos sonoros e cambios de vestiario que procuran atrapar o espectador e mergullalo na densidade filosófica
O calendario de Orlando desactiva as convencións espazo-temporais. O personaxe atravesa varias fases da historia inglesa, desde o período isabelino até o primeiro cuarto do século XX e as de xénero, dado que o caracter protagonista cuestiona a súa condición de home e de muller e metamorfosea a súa identidade sexual. O seu ton satírico e humorístico opera unha diatriba contra da sociedade dos contemporáneos ben vistos de Woolf e os seus amigos. "Por diversos que sexan os sexos, confúndense. Non hai ser humano que non oscile dun sexo a outro e, con frecuencia, tan só os traxes seguen a ser varóns ou mulleres; mentres que o sexo oculto é o contrario do que está á vista", refire unha pasaxe da novela. "Estas cambadelas de persoas perdidas no tempo e no espazo son as que nos aproximan hoxe a Orlando", observa Cordovani.
Orlando, con funcións até o 4 de abril, inicia un ciclo de obras de produción propia centradas na homosexualidade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.