O festival máis barroco
Via Stellae especialízase na música dos séculos XVII e XVIII e rende tributo a Haendel
Os compositores do período Barroco son, nesta ocasión, os grandes protagonistas do festival Via Stellae. Trátase dun dos eventos máis esperados polos amantes da música clásica e académica do noso país e moitos de fóra, que ao longo deste mes de xullo terán a oportunidade de gozar dun programa de concertos que combina de xeito atinado eventos importantes e de sona cunha serie de pequenas actuacións que teñen coma escenario lugares privilexiados do casco vello de Santiago, por caso, os claustros das igrexas. Aínda que moitos dos concertos teñen lugar na capital de Galicia, o festival espállase por 35 cidades e pobos das oito rutas que forman o Camiño de Santiago. En total celebraranse máis dun cento de concertos, un 20% por riba dos que tiveron lugar na terceira edición, a que se celebrou o ano pasado.
"Este é un certame con personalidade e iso implica especialización" En tan só tres anos, converteuse nun dos festivais de referencia en Europa
O director do certame, Víctor Carou, explica que este ano Via Stellae continua na liña de ofrecer unha programación especializada no repertorio do Barroco, pero tamén a introdución de vistosas novidades. "Este é un festival con personalidade propia e iso implica certa especialización. Tratamos de fidelizar a un determinado tipo de artista e este ano volvemos a contar con figuras coma Marc Minkovski, Rinaldo Alessandrini ou Andrea Marcon, pero tamén hai novidades coma a Orquesta del Siglo de las Luces o la Orquesta Barroca Zefiro", indica Carou polo miúdo.
O gran mérito desta iniciativa reside en terse convertido, tan só en tres anos, nun dos festivais de música barroca máis prestixiosos do continente europeo. A outra parte dese mérito consistiu en facelo cun orzamento axustado (algo máis dun millón de euros) e con grande éxito de público: na pasada edición acudiron preto de 25.000 espectadores ao conxunto dos concertos, unha cifra que con seguridade será superarada este ano. "Antes do inicio do festival xa contamos con máis abonos que o ano pasado e notamos un incremento do interese polo festival, con máis demanda de entradas de fóra de Galicia", sinala o director.
O festival sumarase, nesta volta, ás homenaxes que se rinde noutros lugares de Europa a tres grandes compositores. Dos tres se conmemoran aniversarios de morte ou nacemento: Georg Friedrich Haendel (1685 - 1759), Joseph Haydn (1732 - 1809) y Henry Purcell (1659 - 1695). Un dos eixes centrais do certame serán as óperas de Haendel. Onte, no concerto de inauguración do festival, escoitáronse arias e dúos do compositor inglés e ao longo destes días poderán verse dúas óperas (Julio César y Ariodante) na súa versión concerto. Bach, Schubert, Beethoven e Mozart son outros dos grandes compositores da historia que teñen un espazo destacado no programa do festival Via Stellae arestora en marcha.
Un dos sinais de identidade do festival é a programación paralela que complementa os concertos principais. Nesta edición seguirán a celebrarse os chamados concertos exprés (recitais de media hora que teñen coma escenario os claustros das igrexas de Santiago), as xornadas que combinan música e arte (en igrexas de Allariz e no mosteiro de Poio, ao pé de Pontevedra) e o ciclo de música contemporánea 20/21, que combina obras de compositores clásicos do século pasado coas de autores galegos. A novidade desta edición e o ciclo Off Stellae, que propón músicas menos habituais no festival. De Segei Prokofiev a Xenakis, pasando por Steve Reich, Maurice Ravel ou Zoran Zivcovic, os sons do século XX e a contemporaneidade atoparán no Via Stellae 2009 o seu propio espacio, interpretados en lugares pouco usuias coma a praza de abastos ou o paraninfo da Universidade de Santiago.
E ademais, haberá un apartado para estreas: Helmut Oehring, Pedro Moreira ou Paulino Pereiro darán a coñecer as primicias do seu traballo no encontro musical de Santiago. Será case imposible que un melómano non atope varios concertos inevitables ata o vindeiro 23 de xullo, data na que conclúe o festival.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.