_
_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O libro

...ademais non é un texto liñal, por iso o acuso de comercial, por usar as primeiras páxinas como gancho. o autor ben sabía (sabíao todo) que dous tercios do público abandonan un libro de mil páxinas sen pasar da cen, mercámolos coma a máscara africana, unha sorte de seguro contra non sabemos que, a ilusión disípase pero está ben telos, e a biblia igual. quen liu... quen sentiu falar dos libros de tobías, sofonías, habacus, amos, baruc, nahum? ninguén sen un interese profesional ou enfermizo pasa do deuteronomio, aí decide que a biblia non se le por xunto, pícase aquí e acolá, por fases. un serán de domingo o cantar dos cantares, antes de ir durmir o eclesiastés, eu a última vez atasqueime no levítico. é que é moi forte, meus! para escribir algúns libros será precisa a inspiración, non digo que non, para ler outros tamén. a min a prosa de deus sempre me pilla atravesado, será polos escribas e os copistas, como escribían ao dictado e lles conviña aforrar pergameo non abusaban das pausas. o carallo do levítico! se ese é o maior best seller da historia xa entendo por que as miñas tiraxes son curtas. que a biblia tamén é moderna, coidado: moita mestura de xéneros e moita intervención narratorial, pero un narrador, nin sendo deus, pode rifarlle aos personaxes e os lectores de xeito tan continuo, quítache as ganas, hostias! un resentido. a xente que le é educada e sensíbel, non traga co superheroe de tres caras instalado nas nubes que aniquila ao ritmo frenético dos pistoleiros de john woo. así fixo mel gibson a película da paixón, outro resentido, que seica é unha carnicería neste plan, e co novo testamento! unha sidriña comparado coa absenta do antigo testamento. acabará habendo un xogo para a play station: temos a cristo cos feitizos, os romanos para sumar puntos, o combate con pilatos, o rescate de maría magdalena, o tema da resurrección e as transformacións en plan manga da santísima trinidade que culminan no desafío total entre deus e o diaño, e despois a versión platinum con extras dos personaxes e as tomas falsas. ese é un bo título para a segunda entrega: os apócrifos. vivimos o tempo da fin do libro e na fin do libro está a apocalipse. outra psiquiatra atenderíame coas mans no ordenador e ti pídesme que escriba e que o faga a man. na apocalipse tamén o apóstolo xoan recibe de deus a encomenda de escribir sen pensar o que será o derradeiro libro da biblia, o libro dentro do libro, metralla metaliteraria. deus preséntase coma sauron no señor dos aneis, de túnica e barba metalizadas, ollo de lume, espada de gume dobre por lingua e a voz de vidal bolaño ameazando con borrar os nosos nomes do libro da vida. tense falado do sadismo de deus e non é por afondar na ferida pero búscaas el cando di que castiga a quen o ama, capítulo tres, versículo dezanove (sempre quixen facer isto)...

O último libro de Xurxo Borrazás é Costa Norte / ZFK (Galaxia, 2008)

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_