Memoria dos órganos
Cultura impulsa un programa de restauración dos instrumentos eclesiásticos
Centos de tubos de chumbo metidos nunha caixa de madeira e activados por un complexo sistema mecánico. A estrutura cóbrese por un traballo de ebanista que o emparenta co retablo. A esta descrición, recollida do profesor Andrés Díaz, responde o órgano tipo do edificio eclesiástico galego. "É un ben certamente complexo", afirma, "non só unha caixa, senón que se pode ver como un retablo que contén un instrumento". Díaz participa no proxecto de catalogación dos "órganos históricos de Galiza", que onte presentou na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela canda a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral do Patrimonio, Felipe Arias.
"Non sabería contestar á pregunta sobre se o patrimonio organístico deste páis é rico ou non", confesa Díaz, "o proxecto, en parte, tenta responder a iso". Planificado para dous anos, o programa realizou unha primeira avaliación cuantitativa do asunto. "Cando presentamos a iniciativa na consellería", relata, "nin sequera existía unha simple listaxe de órganos, agora, a forza de patear, temos cifras duns 80". Na provincia de Palencia son máis dun cento. "Castela é onde máis abonda o órgano ibérico e na Deputación palenciá vólvense tolos para ter conta deles", apunta.
"Non existía listaxe de instrumentos; agora temos unha estimación de 80"
O órgano das igrexas galegas, tamén da variedade ibérica, construíuse, sobre todo, no século XVIII. "Se viaxamos polo país, a maioría dos campanarios fixéronse nese século", di Andrés Díaz, "é a época do esplendor arquitectónico relixioso en Galicia". A instalación dos instrumentos nas fortificacións eclesiásticas coincidiu coas artes do Mestre Mateo no Obradoiro compostelán. Na capital galega hai máis de 14.
"A orixe do órgano ibérico remóntase ao século XVI", fai historia, "e ten unhas peculiaridades que o diferencian, por exemplo, da escola alemá, no que, por certo, practicaban Johan Sebastian Bach ou Häendel". A trompetaría de fachada, que nunca soa ao tempo dos tubos interiores, diferencia o órgano habitual en Galicia doutras modalidades. A intérprete Mercedes Mendibia, que onte, na presentación do programa impulsado por Cultura, tocou dúas pezas no instrumento, explicou o concepto de "batalla": "Unha pequena improvisación coa que amoso o son dos tubos de fachada". Ademais, expuxo a Salve de lleno, unha composición do aragonés Aguilera de Heredia (século XVII).
Andrés Díaz tamén detallou os eixes principais do proceso que, financiado por 230.000 euros da Consellería de Cultura, se ocupará de "poñer en valor" este patrimonio organístico. "Facemos tres visitas por instrumento: un equipo de restauradores encárgase do moble, un de organeiros, do instrumento e un equipo técnico e gráfico documenta cada órgano". A difusión, un dos aspectos que máis parecen preocupar a Patrimonio, e o obxectivo final das políticas, a dicir da conselleira Bugallo, concretarase coa formación de "intérpretes, un público potencial e persoal técnico".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.