Amor e guerra
LER, ese vicio solitario: esta librería, esta tenda onde individuos solitarios merodean por entre os libros, cada un ao seu axexo.
LA CENTRAL de Barcelona (non é a mellor librería de España?), ofrécense libros en castelán, catalán, italiano, inglés, alemán..., todos conviven xuntos na mesma revoltura. (Acho en falta libros en galego polo medio; só eu reparo niso, os demais ignoran que existan).
AMOR. Ante unha mesa chea de libros que son novidade, unha muller nova repasa as tapas e os títulos.
Pilla un, El lado oscuro del amor, di a tapa. Le atenta o que di a letra pequena da cuberta. Esa atracción que ten, que segue a ter, que seguramente sempre teña para tantas lectoras a palabra "amor".
Deixouno quedar, desta vez non cedeu á atracción.
COUSA DA TELEFONÍA, dun tempo anda toda a xente coa man na orella.
E CÁNTANLLE OS OUVIDOS aos que camiñan cuns cabos que lles saen das orellas. Cousas dixitais.
AS NOSAS "XERAZÓNS" ARTÍSTICAS. Lembro agora a Bal y Gay, mesmo a Dieste, que son case periféricos ás nosas xeracións artisticas. Ocupan un lugar tan central os literatos máis directamente ligados ao galeguismo político, case non fica espazo na nosa imaxinación para os demais. (Tamén xa daquela Madrid atraía con forza á xente).
MEDO ÁS APARICIÓNS. Os deste lado temos medo dos aparecidos. E se no mundo dos mortos eles tivesen medo de que lle aparecésemos os vivos? Hai que ter coidado en non amolar.
SUBVENCIONAMOS as promotoras inmobiliarias, os bancos e as caixas, metemos diñeiro público en tantos pozos..., e aínda hai que ouvir unha vez e outra que os libros non se deben subvencionar. E pois é.
EL 2 DE MAYO!. Aí vén o filme exaltando ao bo pobo español, bruto, xeneroso e valente etc. A matar franceses invasores. E non damos saído dos episodios patrióticos da nosa infancia franquista. Falta Agustina de Aragón e a Virxe do Pilar. Esperanza Aguirre e a súa corte fantástica e disparatada ten un aquel de dejà vu, fantasmas da nosa memoria. ¡Vivan las caenas!
IRAKGANISTÁN. Eses territorios que invadiu Estados Unidos, con desculpa ou sen ela. O fanatismo dos invasores crea fanatismo patriótico.
IMAXES que me deixaron mudo. Palabras que me deixaron cego.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.