_
_
_
_
Reportaje:Luces

Músicas na vía das estrelas

O III Festival Via Stellae consolida o seu prestixio internacional

Máis de 80 concertos en tres semanas. Este é un dos grandes atractivos do festival Via Stellae que hoxe mesmo arranca cun concerto do Monteverdi Choir na igrexa de San Martiño Pinario de Santiago, baixo a batuta do prestixioso director británico John Eliot Gardiner. A calidade é un dos sinais de identidade dun festival que cumpre a súa terceira edición pero que está a consolidarse coma unha das propostas máis interesantes do panorama estatal e mesmo europeo. O acerto que supón traer a Galicia a grandes directores coma o propio Gardiner, Marc Minkovski, Rinaldo Alessandrini ou Daniel Harding é un dos factores que contribúen a levantar a expectación dos seguidores da música culta.

En total haberá 85 actuacións espalladas entre 35 localidades
Prestixiosos selos musicais realizarán gravacións durante o festival
Más información
"A crítica xa nos sitúa entre os mellores"

A cidade de Santiago e os diversos escenarios do seu patrimonio histórico son o epicentro do evento, aínda que tamén se celebrarán concertos noutras trinta cidades e vilas que se atopan nalgún dos camiños que conducen a Compostela. Durante as vindeiras semanas non haberá un so día no que non haxa un concerto nalgún punto das rutas xacobeas. O festival pretende achegar a música clásica a aqueles lugares onde os cidadáns non teñen a oportunidade de disfrutar deste tipo de propostas que son máis habituais nas grandes cidades. En total haberá 85 actuacións espalladas entre 35 localidades. Lugo, Palas de Rei, Rianxo, O Grove, Vilagarcía, Pontevedra, Fisterra, Muxía, Allariz, Ourense, Lalín, Ferrol, Betanzos, A Coruña e Guitiriz son algúns dos lugares nos que se celebrarán concertos do festival.

A música barroca será o eixe principal do festival pero tamén haberá concertos adicados a outras épocas coma o romanticismo, o clasicismo e a música contemporánea. Precisamente, esta última será obxecto dun ciclo de seis concertos dedicados á música dos séculos XX e XXI. Os intérpretes galegos terán un especial protagonismo nestes concertos coa presenza do pianista Nicasio Gradaille, o violinista de orixe albanesa Florian Vlashi, o saxofonista Pablo Coello e o grupo recentemente fundado, Ensemble 21. Outra das novidades salientables do festival é a presentación do grupo Magdalena Consort, dirixido por Peter Harvey, e que nace co obxectivo de revisar a interpretación das obras de Bach. A súa estrea mundial terá lugar o 15 de xullo en Santiago.

O director do festival, José Victor Carou, apunta cinco citas que non se debe perder os bos afeccionados á música. Dúas delas chegan este mesmo fin de semana coa devandita actuación do Monteverdi Choir e a presentación mañá de Les Musiciens du Louvre no Auditorio de Galicia, baixo a dirección de Marc Minkovski. Neste mesmo escenario terán lugar as outras tres recomendacións de Carou: o Te Deum de Charpentier (día 7), a actuación de Il Giardino Armonico (día 21) e a da Mahler Chamber Orchestra (día 23).

Na edición deste ano presentaranse tres óperas que constituirán un dos momentos máis interesantes do evento. Dido e Eneas, de Henry Purcell, interpretararse o día 12 baixo a dirección de Philip Pickett, mentres que La serva padrona, de Pergolesi, representarase o día 16, dirixida por Rinaldo Alessandrini. Por último, Juditha Triumphans, de Vivaldi, escenificarase o 19 de xullo, coa dirección de Federico Maria Sardelli. Todas as óperas prográmanse no Teatro Principal de Santiago.

Unha das novidades deste ano é que prestixiosos selos musicais aproveitarán a celebración do festival para realizar gravacións. O afamado director francés Marc Minkovski gravará por vez primeira unha obra do xenial compositor alemán Johann Sebastian Bach. A gravación terá lugar o vindeiro día 10 cando o grupo Les Musiciens du Louvre interpreten a Misa en sí menor de Bach no Auditorio de Galicia. No último concerto do festival o selo musical Decca realizará a gravación do Concerto para violín de Tchaikovski, que será interpretado pola Mahler Chamber Orchestra e pola solista Janine Jansen. Os outros programas que quedarán inmortalizados en CD durante o festival son os protagonizados por Monica Piccinini e Manuel Vilas , por Mercedes Hernández e Fernando Reyes e o de Marta Infante e o grupo Ars Atlántica.

Dúas das iniciativas que fan este festival diferente a outros, e que se repiten nesta edición, son os chamados concertos express. actuacións de media hora de duración que se celebran en espazos íntimos do casco vello de Santiago durante todos os días do festival, e as xornadas que combinan música e arte e que terán lugar os días 6 e 13 de xullo nos mosteiros de Armenteira e Oseira, respectivamente.

A mellor nova para os melómanos é que a meirande parte dos concertos son de balde e os de pago teñen uns prezos moi asequibles. Cara ás vindeiras edicións os responsables da Consellería de Industria e do Xacobeo, entidades que organizan o festival, xa están a traballar para que o Via Stellae teña un lugar aínda máis alto no amplo panorama de festivais europeos. En poucos anos esta cita musical converteuse na máis importante de Galicia xunto ao Festival Mozart que acaba de rematar na Coruña. O presuposto do festival acada os 1,2 millóns de euros, que semella unha cifra axeitada para conseguir o obxectivo de traer a grandes figuras a Galicia a un custo asumible.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_