_
_
_
_
Luces

A semana das fotos galegas

Se -polo menos este ano- houbese que dedicar unhas datas á fotografía en Galicia, serían estas. Á primeira semana de xullo, que comezou coa inauguración de Fotógrafos insospeitados, a mostra que recolle no Auditorio de Galicia de Santiago fotografías tiradas por xente habitualmente situada do outro lado dos obxectivos, desde Allen Ginsberg e Lou Reed a Yul Brynner ou Richard Gere. Ou que triunfaron cando a fotografía era apenas un experimento, de Émile Zola a Víctor Hugo pasando por Edgar Degas. Ou mitos doutro tipo de imaxe, como Pablo Picasso e René Magritte. Onte, xoves, espúxose nas salas da Fundación Barrié da Coruña Paul Strand. Retrospectiva 1915-1976, a primeira mostra antolóxica que se presenta en España deste mestre norteamericano, creador da straight photography, imaxes directas, sen trucos nin ambigüidades.

Ese mesmo día, as portas da Igrexa da Universidade de Santiago abríanse para Miradas emerxentes, a primeira exposición do festival Olladas. Cinco autores (Maribel Castro, A Coruña 1981; Xosé Durán, A Coruña 1980; Antía Moure, Monforte de Lemos 1981; Alberte Peitavel, Caracas, 1983; Manuel Valcárcel , Monforte de Lemos 1975) e unha proposta: "Son as miradas as que definen o autor. Detrás de cada unha hai unha visión do mundo, unha actitude", segundo o comisario, Xurxo Lobato.

A semana remata coa apertura, hoxe, da terceira edición de Revela, o foro internacional de fotorreportaxe e sociedade que organiza o Concello de Oleiros. Baixo o lema "A terra: economía, conflicto e natureza", expóñense centos de fotos en tres parques da localidade, ao tempo que se celebran obradoiros e conferencias. A maiores, convócase unha bolsa de 12.000 euros para un proxecto relacionado coa temática social de Revela.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_