_
_
_
_
PSICOFONÍAS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Premios e mojitos

Moitas veces o que parece máis relevante na información non é o máis sustancial. Verdade obvia á que acudo para comentar os titulares do mundo da cultura en Galicia nas últimas semanas. Volveu a hipócrita polémica polos gastos que supuxo a representación galega na feira do libro de La Habana, esta vez coa mesquindade dunha conta de catrocentos mojitos que figuraban nas facturas da delegación. Ademais da elegante autocrítica e ponderación que exhibiu no Parlamento o director xeral, Luis Bará, para comprometer máis control na previsión de gasto da consellería, cumpriría engadir que en Cuba é hábito socialmente estendido que nas recepcións institucionais se sirva como bebida principal o mojito e parece ben coherente que un evento como o suscitado pola presenza galega merecese un acto con, cando menos, catrocentos convidados. Hai cinismo en negarlle a cultura o diñeiro que semella absolutamente normal na vida social e institucional.

Algo similar se agacha nalgunha controversia latente respecto á recente convocatroria e concesión dos Premios Nacionais da Cultura. Parece desmesurado pedirlle a uns premios que se convirtan na estratexia definitiva da solución de todos os problemas da vida cultural galega, tanto como que esa carencia sirva para negarlles o sentido da exsitencia polo que realmente supoñen: autoestima, desde logo un ingrediente imprescindible para que a cultura dun país sexa efectivamente moderna. Se a iso, unímoslle que os premiados acreditan todos e todas unha traxectoria e logros que os xustifican sobradamente, non se entenden as reticencias.

Non falaría eu destas cousas, se non fose porque mal que ben supuxeron un tratamento comparativamente case minimizante de algo que pode supoñer unha ferramenta vital para asegurar a continuidade e eficacia da nosa creación cultural e da súa difusión. Refírome a aprobación polo Parlamento da creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, e nomeadamente porque se move nese concepto (industrias culturais) e porque supón unha atención transversal por parte do Goberno galego ao feito cultural (as consellerías de Industria e Economía tamén participan na axencia). O futuro de Galicia, entre outras cousas, ten moito que ver con converter o medio ambiente, o benestar social e a cultura en riqueza económica.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_