_
_
_
_
Luces

Política animada

'A crise carnívora' sae en galego coas voces de Zapatero e El Rei

Os tacos e a irreverencia verbal, mesmo gratuitos e en exceso, resultan sempre máis suaves e amables en galego. Ou cando menos esta é a conclusión á que chegou o director vasco Pedro Rivero ao descubrir a versión galaica da súa longametraxe de animación para adultos A crise carnívora que se proxecta desde hai unha semana nos cines. Disque que "fillo de puta" sempre soa unha inxuria máis agarimosa en galego que en castelán.

Cun guión adaptado polo debuxante Siro López, a cinta de Nikodemo, da produtora coruñesa Continental, resulta case outra, totalmente distinta aínda que coa base do mesmo argumentario, unha parodia con presunta denuncia política na que a historia é a dun reino animal no que se impuxo un pacto vexetariano que periga pola teimosía dunha hiena en darse unha enchenta cos cádaveres do cemiterio. A película, non apta para menores de 13 anos, incorpora engalego non só apuntes de retranca, senón que gaña, e moito, sobre a súa versión en castelán, ao suavizarse os diálogos, aínda así cheos en exceso de verbas malsoantes, e sobre todo en incorporar voces de relevantes personaxes da vida española, como El Rei, Zapatero, Rajoy, Fraga e mesmo a Condesa de Alba.

Nas catro copias en galego da película que se exhibe nas salas de Galicia, Manuel Manquiña interpreta ao malvado protagonista Crevel e o tamén actor Antonio Durán Morris a un simpático e tenro porquiño. Pero o máis hilarante desta longametraxe, unha das primeiras feitas integramente grazas ao programa informático Adobe Flash que permite gañar tempo e sobre todo cartos neste tipo de costosísimas producións de animación, é a imitación de voces que o grupo Corre Carmela que Chove lle dá aos animais protagonistas.

O bondadoso e larpeiro monarca dese planeta ficticio fala en galego coa voz do rei Xoán Carlos. O xigante oso que se cambalea como vello conselleiro do grupo da oposición, que teñen por principais dirixentes a unha parella de lobos con voz de Zapatero e Rajoy, é unha moi destacada imitación de Fraga. E é este elenco de voces coñecidas o que dá á A crise carnívora en galego unha distinción e un lado realmente cómico que non aparece na versión en castelán, tamén dobrada por actores coñecidos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_