_
_
_
_
Entrevista:DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS | Luces

"A edición militante teno máis complicado"

Difusora de Letras, Artes e Ideas naceu en 2003 con dous volumes atípicos: a escolma poética da agrupación Redes Escarlata Xuro que nunca volverei pasar fame e o libro obxecto Nunca máis. A voz da cidadanía. Formada en Ourense por seis socios e con máis de 30 títulos en catálogo, Xavier Paz fai as veces de director. "Todos os socios da editora mantemos outras actividades relacionadas co libro ou coa cultura", sinala Paz, que ao mesmo tempo remarca a "mentalidade empresarial" de Difusora. "As pequenas editoriais sobrevivirán se se presentan en termos empresariais", considera, "pero se se fai en termos militantes, téñeno máis complicado".

Para Xavier Paz, as grandes editoras non teñen porque excluír as pequenas. "Máis que excluírse, retroaliméntanse", afirma. "Comprender os mecanismos do mercado significa que ou tes potencia para situarte no espazo que queda ou non hai futuro". Difusora procura ese espazo "no produto de calidade, ben editado, a toda cor, decote con grandes traballos de produción detrás".

A editora ourensá acadou o seu teito editorial cun volume que xuntaba esas características. "Nunca máis. A voz da cidadanía [que reproducía fotografías, carteis, pasquíns ou debuxos vencellados á mobilización cidadá durante os días do Prestige] apareceu en tempo real e tivo moita repercusión; a xente viuse retratada física pero tamén psicoloxicamente", di.

Con todo, o traballo da editora que máis prace a Paz, "aínda que noutros parámetros", é Feísmo? Destruír un país. Na rúa dende 2006 e dispoñíbel en inglés -Ugliness? Destroying a country-, o volume analiza o fenómeno dende múltiples perspectivas. Libros de rol, recolleitas poéticas ou a narrativa de Alberte Momán ou Raquel Miragaia saíron da man de Difusora.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_