_
_
_
_
Crónica:DO TRINQUE | Luces
Crónica
Texto informativo con interpretación

Manuel Martínez e Anxos Sumai "debuxan no po"

Unha poética da pegada, do indicio, do improbábel, é o que presentan en 24 10 06 o fotógrafo e deseñador gráfico Manuel Martínez e a escritora Anxos Sumai. O diálogo entre a fotografía de sombras e o fío textual vertebra un volume que pode conectarse coas propostas visuais de Emilio Araúxo, no seu empeño en testemuñar a desaparición. "Debuxando no po, no movedizo", di a cita do marxista alemán Walter Benjamin que abre, canda a ensaísta Susan Sontag e o poeta Paul Celan, o libro, e que confirma a pulsión esquinada, voluntariamente marxinal, das imaxes de Martínez. A coidada publicación, na pequena editora compostelá Candeia, coincide cun libro de viaxes, Ghats, tamén de Martínez. Con artigos iniciais de Antón Lopo, Anxos Sumai, Xerardo Fernández e Roberto Ribao, Ghats transita a India a través de fotos en cor que evitan o lugar común do turismo internacional e o consenso construído sobre os tópicos que afectan ao país asiático.

Co ambicioso 'Poesía en ruta', Quintiá regresa ás lindes da poesía
Edicións Positivas publica a Safo en galego e prepara a súa refundación

A colección de poesía de Espiral Maior retorna ás librarías cun feixe de novidades. Do Esteiro de noites falecidas, que lle valeu ao lucense Isidro Novo o premio de poesía do Concello de Carral, a Miño, de Francisco Fernández Naval e premio Cidade de Ourense, a editora coruñesa pon sete títulos na rúa, incluído Diccionario do estremecemento, do seu director Miguel Anxo Fernán-Vello. Fernán-Vello recunca en teimas exploradas en Territorio da desaparición (2004) e ratifica a apertura da súa obra a terreos tradicionalmente denominados sociais, o que el di "poesía pública", con proverbial opulencia verbal. Galardoado no certame da editorial, comparece o quinto libro de Yolanda Castaño, Profundidade de campo, que radicaliza o narcisismo de anteriores entregas e a teima coa propia efixie. O debú de Rosa Enríquez, Vestíbulo da devastación, ou o primeiro poemario de Ánxeles Penas en 16 anos, Amor deshabitado, amplían o catálogo.

Co ambicioso Poesía en ruta, Xerardo Quintiá desembarca de novo nas lindes do xénero poético, logo de ailalelo de auga. A súa aposta, palimpséstica e liminar, arrímase a experiencias literarias de complexa situación, nun traxecto aberto por Chus Pato e percorrido, tanxencialmente, por Estíbaliz Espinosa ou a Emma Couceiro de (cito). Publica igualmente Espiral Maior. Xustamente a Chus Pato pertence Hordas de escritura, o terceiro volume da pentaloxía Método, que Edicións Xerais xa anunciou na súa web canda Acendede as almenaras, de Bernardino Graña.

Edicións Positivas reactiva a súa liña de poesía co libro crónica de Moncho Iglesias, Oda ás nais perenne con fillos caducos nos brazos, escrito en Belén e cun aire a socialrrealismo na acepción convencional do termo. Iglesias narra a guerra aberta do Estado de Israel contra o pobo palestino. A poesía completa de Safo de Lesbos, en tradución de Raúl Gómez Pato, ou o Canto elegiaco de Amozade, do brasileiro Chico César en versión portuguesa orixinal, conforman algunhas das outras novidades da editora que dirixe Paco Macías e que prepara a súa refundación.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Sete anos despois da morte dun dos nomes determinantes da literatura europea contemporánea, o alemán W.G. Sebald, a editorial Galaxia ofrece o póstumo Camposanto. Vertido ao galego por Catuxa López Pato, tradutora igualmente de Paul Celan, o volume recolle textos inacabados, ensaios literarios sobre Peter Handke ou Kafka, e dietarios de viaxes, escritos nesa encrucillada estética e identitaria que caracterizou vida e obra de Sebald. O castelo branco, do Nobel turco Orhan Pamuk, ou a peripecia do comisario Montalvano A pista de area, de Andrea Camillieri, xunto a As mágoas do mozo Werther, de Goethe, Tres contos, de Flaubert, ou O ruído e a furia, de William Faulkner aparecen en galego, estes tres últimos na liña de clásicos de Galaxia.

Xosé Vázquez Pintor é o autor galardoado este ano co premio Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ao tempo que se coñece a distinción, Vázquez Pintor publica en Sotelo Blanco edicións a novela Para dicir abril, que aparece refrendado co Risco de Creación Literaria 2007. Logo de oito sen entregar narrativa -A memoria de boi data de 2000-, o escritor de Melide ofrece, segundo a nota editorial, unha obra que explora "algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade, os grandes traumas, a dor en estado lacerante".

Unha edición de Rosa Aneiros, Xosé López, Marta Pérez Pereiro e Víctor Freixanes en dous volumes, artigos e biografías, titulada Xornalistas con opinión, recolle obra en prensa de autores como Concepción Arenal, Pardo Bazán, Xoán Xesús González, Seoane, Blanco Torres, María Luz Morales ou Álvaro Cunqueiro, até completar vinte biografías. Outro xénero achegado ao xornalismo, e particularmente fértil no campo literario galego, o libro de conversas en función de memorias, sae á luz en Espiral Maior: No pazo de Laiovento contén as entrevistas entre Xosé Luna Sanmartín e o editor Francisco Pillado Maior. Da man de Xerais comparece a reedición de Matádeo mañá, o testemuño autobiográfico do aviador republicano e galeguista Elixio Rodríguez, secretario da Solidariedade Antifeixista Galega e colaborador da revista Vieiros no exilio mexicano xunta Luís Soto, Carlos Velo ou Luís Seoane. Rodríguez morreu o pasado ano.

Na mesma editora o catedrático de Teoría da Literatura e ex rector da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, escolma 21 "ensaios e estudos de literatura". De El Quijote a Carvalho Calero, Villanueva pasa, por primeira vez en galego en libro, pola obra de Cunqueiro, Valle-Inclán, Rosalía, Ramón Piñeiro, Joyce, Dieste ou Casares. Da palabra no tempo denomínase o volume, acaroado antes, segundo confesa no limiar o propio Darío Villanueva, á prosa académica que á ensaística e escrito dende "unha certa conciencia crepuscular".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_