_
_
_
_
Reportaje:O cine que debería vir | Luces

Pendente de estrea

Máis dunha ducia de filmes agardan pase comercial en 2008

Xabier Bermúdez, Ignacio Vilar ou Mario Iglesias son algúns dos directores que poderían estrear película este ano. Mais a aceleración da produción audiovisual fai aínda máis visible o problema xeral. "O da distribución é terrible", din

En 2008 debería chegar ás pantallas comerciais máis dunha ducia de longas galegas. A Mario Iglesias xúntaselle a premiada De bares, na procura de distribuidora, coa posproducción de Catalina, unha historia sobre unha artista con problemas de adaptación, e Cartas italianas, que relata, dacabalo entre Canarias e Boiro, o encontro entre unha fotógrafa italiana e un narcotraficante galego que abre mercado na Palma.

"É evidente que faltan axudas á comercialización", di Xavier Bermúdez Ignacio Vilar demanda novos circuítos de exhibición comercial
O cine que debería vir Xabier Bermúdez, Ignacio Vilar ou Mario Iglesias son algúns dos directores que poderían estrear película este ano. Mais a aceleración da produción audiovisual fai aínda máis visible o problema xeral. "O da distribución é terrible", din
Más información
Pagán matina sobre violencia e imaxe

"Está claro que a baza deste cine son os festivais", sinala o director pontevedrés, que malia todo recoñece a mudanza na política de subvencións. "Agora xa non se deixa de lado o independente", afirma. De bares (Matriuska Producciones e Voz Audiovisual), mercada pola TVG, non tivo problemas de financiación, do que deduce que rodar en Galiza "non é máis difícil ca noutros sitios". Outra cousa é o "nivel de degradación" da distribución e o actual "desprestixio" do cine español.

Falar de estreas é provisional. Das 12 longas para cine listas para visionar en 2006 (a quinta parte da produción audiovisual dese ano) estreáronse a metade. Como remanentes para este 2008 aínda quedaron a coprodución A velocidade funda o esquecemento, do arxentino Marcelo Schapces, de 2005; Abrígate, de Ramón Costafreda, e O menor dos males, de Antonio Hernández, ambas as dúas cunha produción potente (Continental e Voz Audiovisual) e destaques nos festivais de Lleida e Málaga. A primeira conta saír en primavera ou outono. O menor dos males, onde Roberto Álvarez dá vida, sen citar o nome, a un coñecido ex ministro, con Morris no papel de xornalista que se enzoufa, proxectarase en sala o 15 de febreiro.

A coprodución A noite que deixou de chover (Iroko e Perro Verde Films), con Luís Tosar e Nora Tschirner paseando por Compostela, cóntase estrear "en primavera ou outono". Para Alfonso Zarauza, que debuta como director, "ninguén apostou por ningún realizador galego en 12 anos". Menos problemas ten José Luis Cuerda, que xa acabou de rodar a súa adaptación de Los girasoles ciegos, os relatos de guerra de Alberto Méndez, ambientada entre Ourense e Madrid. Cuerda participa a título persoal (A Modiño S. L.) e conta co apoio de Sogecable. A coprodución Un conto para Olivia, de Manane Rodríguez, un "conto infantil" con parella española que adopta unha nena latinoamericana, podería chegar ás carteleiras antes do verán.

O cine gravado en galego tamén está presente no apartado de longas. Pradolongo (Vía Láctea e TVG), o esperado terceiro filme de Ignacio Vilar, que espera estrear "contra maio", retorna a Valdeorras para contar unha historia sobre a perda da amizade segundo se perfilan o amor e os intereses de clase. Fala Vilar da "heroicidade" de rodar en galego e dos remendos da nova Lei do Cine. "Hai que pensar en crear circuítos alternativos para a exhibición comercial", sinala, "igual agora si se poñen multas por incumprir a cota de pantalla [un filme europeo por cada tres norteamericanos], pero 75.000 euros anuais de penalización non son nada para as majors". Un apuntamento dirixido "incluso ao público galego": "Ás veces parece que non che tiran pedras porque está prohibido".

Outra produción galega en galego para 2008 é Rafael (Xamalú e TVG), de Xavier Bermúdez, que aínda ultima a montaxe de son. Unha historia onde Manuel Cortés encarna a un marido preocupado pola súa esposa (María Tasende), nunha mestura de costume e surrealismo. "A produción de cine independente é posible, pero o problema da distribución é terrible", lembra Bermúdez. Malia o éxito da súa León y Olvido, a película tardou un ano e catro meses en estrearse en España. "É evidente que todos os que producimos en Galicia botamos en falta axudas á comercialización", di Bermúdez, que demanda a "unificación" do audiovisual. "Esta división política entre produción e promoción é un caso único en Europa", remarca. A cota de animación arrisca tres produtos para o primeiro semestre de 2008: O mago dubidoso (Deboura Cultural), de Roque Cameselle; La crisis carnívora (Continental), de Pedro Rivero, e O espírito do bosque (Dygra), de David Rubín e Juan Carlos Pena.

Parte das mellores promesas do audiovisual galego en 2008 atinxen ao formato documental. Entre eles, os traballos etnográficos Arraianos, de Eloy Cachafeiro, rodada no Couto Mixto, ou Manuel e Elisa (Tic Tac Producciones), un dos dous proxectos estatais seleccionados para o Pitching Forum de Docs Barcelona, a finais de xaneiro.

As películas para televisión son á parte. As cinco que estrea a TVG son A mariñeira de Quilmas e O bosque de levas, baseadas en relatos de Darío Xohán Cabana e Alfonso Álvarez Cáccamo, que asina Antón Dobao. E aínda faltan O tesouro, dirixida por Martín Cuenca (La flaqueza del bolchevique), o terror psicolóxico de O espello e A man morta peta na porta, rodada en Cataluña e baseada en contos de Sergi Pàmies.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_