_
_
_
_
Luces

Pagán matina sobre violencia e imaxe

A materia do novo filme de Alberte Pagán, Pó de estrelas, pódese perfilar a través dos outros títulos que o cineasta pensara para estes 24 minutos de reflexión sobre o mundo contemporáneo e a opulencia óptica que o conforman: Jornal de notícias, o estado das cousas, o nosso século, a sociedade do espectáculo ou nada é verdade, todo está permitido. Nun documento descarnado e asfixiante, sen peaxes narrativas e construída co cascallo de imaxes que sedimenta en Occidente, Pagán radicaliza a súa aposta cinematográfica e cuestiona a condición humana ao mesmo tempo que a linguaxe filmada.

Para Pó de estrelas, o autor de Bs. As. non empregou cámara. Se a primeira parte da obra funciona a partir da deconstrución de 2.000 fotogramas de anuncios televisivos sen banda sonora, a segunda engade o audio publicitario a unha icónica galería dos horrores do século XX en forma de fotos xornalísticas. "Quixen armar unha pequena meditación sobre o mundo actual", sinala Pagán, "o contraste entre a dureza e a frivolidade". "Interésame pensar sobre como utilizamos a imaxe nas sociedades occidentais hoxe en día", explica.

Pó de estrelas estrearáse na sección oficial do festival Punto de vista, de Pamplona, durante o mes que vén. Esa e unha proxección no CGAI son os pases previstos, de momento, por Alberte Pagán. "Quero que os filmes se vexan o máis posíbel, pero a exhibición non é algo que me formule en principio", di. Os circuítos alternativos ou o man a man propician o coñecemento do seu traballo. Así foi como Pó de estrelas apareceu na listaxe da edición española de Cahiers du cinema entre as curtas máis interesantes de 2007. Cousas de Kulechov, da pontevedresa Susana Rei, acompañou a fita de Pagán na clasificación.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_