_
_
_
_
Reportaje:Superproducións á galega | Luces

A gran factoría

Galicia lidera o sector do cinema de animación en España, malia que as productoras botan en falta máis instrumentos financieros para consolidarse

Hai só dez anos a facturación do sector da animación en Galicia apenas andaba polos 100.000 euros e só existían tres empresas que estaban nos inicios. Neste tempo a transformación resultou espectacular e as últimas cifras, de 2005, revelan que a animación galega xa contaba con 16 empresas que facturaron nese ano máis de 11 millóns de euros.

Dygra logrou medio millón de espectadores con 'O bosque animado' "Empregamos tecnoloxía que nos permite realizar a prezos competitivos"

As estatísticas aínda poden medrar o vindeiro ano cando se incorporen os datos de recadación de películas coma Donkey Xote, O espírito do bosque e La crisis carnívora, realizadas por produtoras galegas e que acaban de estrearse ou están a piques. As películas animadas galegas son premiadas nos festivais internacionais e distribúense en moitos países. Sen embargo, existen moitas incógnitas sobre o camiño a seguir xa que as grandes produtoras e distribuidoras estadounidenses deixan pouco espazo.

Cada un dos devanditos filmes representa un modelo distinto para situarse no mercado. Donkey Xote, estreada esta semana en toda España cun importante despregue publicitario, aposta por imitar a vía das majors americanas de realizar un gran investimento co obxectivo de conquistar os mercados internacionais. Esta é a estratexia do grupo Filmax, que ten a súa sede en Barcelona aínda que realizou a película nos estudios de Bren Entertainment de Santiago. Como fan tamén coas súas películas en imaxe real, recurren á coprodución para afrontar o esforzo que supón un filme no que se gastaron máis de 60 millóns de euros.

A produtora coruñesa Dygra, que este mes celebra os seus 20 anos, representa unha aposta por un estilo case artesanal pero que non renuncia a obter grandes éxitos coma o que logrou O bosque animado, que marcou un antes e un despois no sector da animación en Galicia e que foi vista por máis de medio millón de espectadores nas salas de cine españolas. Manuel Gómez, máximo responsable da compañía, explica que Dygra é o único estudio europeo que produce sen apoios externos películas de animación en 3-D. Os presupostos que manexan son moito maís modestos que os de Filmax, xa que están no entorno dos seis millóns de euros. Un dos grandes problemas aos que se enfrontan as empresas coma Dygra é a necesidade de investir en proxectos que se desenvolven ao longo de varios anos e que tardan aínda máis en obter resultados.

"Necesitamos medios de financiamento axustables a un sector que é rendible a cinco ou sete anos, non a dous ou tres coma sucede noutros casos", sinala Gómez, quen tamén apunta a necesidade de que se ofrezan solucións para problemas coma a dispersión xeográfica da súa empresa, que ten sete locais dispersos por A Coruña. "Somos unha fábrica composta por persoas e non podemos traballar nun polígono industrial", dí o produtor.

Gómez considera necesario que as entidades financeiras galegas coñezan realmente o sector para que evalúen as súa oportunidades. "Algunhas entidades teñen dado pasos pero non se trata de que nos den axudas senón de que fagan apostas coma noutros sectores". O produtor tamén é crítico coa división de competencias entre o Consorcio Audiovisual e a Axencia Galega do Audiovisual, "un disparate que responde a intereses distintos aos dos cidadáns e do sector". "A Axencia Galega está a facer unha aposta polo talento pero é lamentable que non exista diálogo entre os dous organismos con competencias no sector", apunta.

O terceiro modelo vixente na animación é o da a produtora Continental, que este ano presentou dúas películas, De profundis e La crisis carnívora. A primeira é un exemplo de aposta pola creatividade, sen reparar tanto na rendibilidade. La crisis carnívora, que se estreou no festival de Sitges, é a primeira longametraxe de animación realizada íntegramente con tecnoloxía flash, que tamén ten previsto aplicar nos seus vindeiros proxectos. "Para nós é imposible competir cos presupostos dos grandes estudos, por iso empregamos tecnoloxía que nos permite realizar películas a prezos competitivos", explica Chelo Loureiro, responsable de animación da produtora coruñesa. O orzamento destas dúas películas ronda 1,5 millóns de euros cada unha. O investimento en De profundis xa foi recuperado malia que se trata dun produto cun "longo percorrido" comercial que vai a seguir no mercado de DVD.

Loureiro explica que en Galicia existen axudas "xenerosas" á produción audiovisual, aínda que bota en falta un maior apoio das televisións, que prefiren mercar películas de baixo coste no mercado asiático antes que apostar por produtos de aquí. A diferenza de Dygra, que conta cun cadro de persoal estable para a animación, Continental contrata aos traballadores para cada película. Segundo Loureiro, para contar con traballadores fixos serían precisas axudas para series de animación en televisión, un terreo no que tamén se introduciu Continental con proxectos como ¿Y por qué?, humor infantil en episodios de 30 segundos para previr os accidentes dos nenos no fogar.

"Facemos producións como en EE UU"

Aínda que vive en Barcelona desde hai máis de 40 anos, JulioFernández presume da súa condición de galego. A súa compañía Filmax é a matriz do estudio galego Bren, que acaba de estrear Donkey Xote.

P. ¿Que porcentaxe de Donkey Xote é galega?

R. Prácticamente o 100%. Aínda que coproducida con Italia, é un proxecto desenvolvido íntegramente na factoría de Bren en Santiago. Filmax Animation e Bren son dúas empresas totalmente galegas. Para facer está película temos investido 62 millóns de euros. Esta factoría leva acadados catro premios Goya. Agora culminamos cunha produción ao nivel das que se fan en Estados Unidos. Estamos a traballar na segunda parte de Ratoncito Pérez e imos presentar os proxectos para os vindeiros cinco anos.

P.¿Hai unha conciencia real en Galicia sobre a importancia da animación?

R. Con esta película sinto un gran orgullo por ver o que somos capaces de facer aquí. O que pasa é que non vexo a mesma reacción en Galicia. Fixemos grandes investimentos pero creo que aínda Galicia non é consciente do que significa ter unha factoría coma Bren, que xa se atopa entre as dez máis importantes do mundo.

P.¿Son suficientes os apoios financeiros?

R. Se algo se moveu en Galicia foron os apoios financeiros. A través do Igape e de XesGalicia se ten traballado e se está a traballar ben, aínda que non digo que non poidan facer máis. Non teño queixa neste sentido, o que nos faltan son proxectos cribles. Caixa Galicia e Caixanova téñense entregado. Pero creo necesaria unha aposta do propio Goberno, non de consellerías ailladas senón da Xunta en pleno. Temos que falar menos do cine galego e máis da industria galega.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_