Reportaje:Luces

"No cómic non quero encargas"

David Rubín e Max comparten as alfaias do Premio Nacional

"Menos mal que o gañou Max, senón xa habería xente poñéndome podre", bromea David Rubín (Ourense, 1977). Por La tetería del oso malayo (Astiberri, 2006), o seu segundo álbume monográfico, xa fora nomeado autor revelación do último Saló del Còmic de Barcelona.

A mesma historia do oso Sigfrido e o consultorio psicoanímico onde acoden superheroes cegos e lobishomes esquizofrénicos, entroutros "derrotados e vítimas do desamor", vén de quedar finalista na primeira edición do Premio Nacional de banda deseñada. Que o gañador fose Max, un dos iconos do underground peninsular, foi para moitos o mellor xeito de institucionalizar a banda deseñada en España.

Consagración? "Quero pensar que si", di Rubín. Quizais por iso, o autor de El circo del desaliento, o seu álbume de debú (publicado en Italia por Tunué e pendente da versión francesa) pulou por introducirse no mundo da animación. En 2008 estréase El espíritu del bosque, a película que codirixe para Dygra Films. "Igual é un inconvinte se penso que podería sacar dous libros de 100 páxinas ao ano", di, "pero é un xeito de chegar a fin de mes". "No cómic non quero encargas". De momento, La tetería..., que recolle na súa maior parte historias publicadas na desaparecida Dos veces breve, esgotou os 1.700 exemplares da primeira edición. "Agobieime un pouco con tanta boa crítica", afirma o ourensán.

O novo álbume de Rubín, Caderno de tormentas, sairá a comezos de 2008 na madrileña Dibbuks. Con el pensa "saltar a rede" de seguridade desde a composición da páxina. "Será unha mestura de cómic, poesía, narrativa, caderno de viaxes... E do mundo da ilustración". Rubín reflexiona tamén sobre as razóns da creación. E da recepción: "Cando creo non teño en conta ao lector máis que na lexibilidade da obra. Se ninguén te le é tirar co traballo".

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS