_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Visitantes ilustres

Fotógrafos e pintores de fóra asaltan as galerías galegas

A proximidade do fin de ano e das festas do Nadal fai que as galerías e centros de arte galegos estean a presentar nestes días as exposicións que pecharán a súa programación de 2007. Aos grandes nomes de Picasso e Man Ray (que teñen exposicións abertas en Vigo y A Coruña) e as mostras colectivas que poden verse no CGAC de Santiago e no museo Marco de Vigo, súmase a variedade de propostas das galerías.

Entre as novidades destaca a apertura dun novo espazo adicado á arte en Pontevedra. Trátase da fundación Rosón Arte Contemporáneo (RAC), que abriu as súas portas coa exposición Tempo perdido, ganado e empatado, adicada ao artista mexicano Jonathan Hernández. O humor, os xogos de verbas e os equívocos están moi presentes nos collages de Hernández que están formados por imaxes e obxectos atopados no entorno do artista.

Brasil, Cuba e Arxentina son escenarios das imaxes de Muñoz Edmondson xoga coa dualidade entre o real e o irreal

Outro dos visitantes ilustres das salas galegas durante estos meses é a fotógrafa Isabel Muñoz, que presenta unha selección da súa obra na galería coruñesa Ana Vilaseco. Burkina Faso, Brasil, Cuba ou Arxentina son algúns dos escenarios das imaxes de Muñoz, que volve a descubrir os misterios do corpo en movimento, só acariciados pola luz que os moldea. Na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago pode verse a obra doutro mestre da fotografía contemporánea, Sebastião Salgado, que fai un estudio en profundidade dos fenómenos migratorios no continente africano.

As novas técnicas da fotografía están presentes na obra da artista andaluza Yolanda Ferrer, que expón as súas pezas na galería Atlántica da Coruña. Os poemas de San Juan de la Cruz inspiran a unha artista cunha traxectoria moi vencellada a Galicia.

Outro artista andaluz, o sevillano Luis Gordillo, presenta os seus últimos traballos na galería SCQ de Santiago. Gordillo é unha das figuras da pintura figurativa española nos anos 70 e as súas últimas obras permiten comprobar que a evolución dun artista da súa importancia nunca ten fin. Noutra galería compostelana, C5 Colección, exhíbense obras doutros dous pintores que exploran as posibilidades da figuración, Nono Bandera e Manolo Dimas. Ambolos apropianse das imaxes que outros crean para alteralas e reinterpretalas.

A paixón pola pintura, aínda que dun xeito moi diferente aos anteriores, é o que move tamén ao pintor británico Simon Edmondson que expón na galería María Prego de Vigo. Nos seus cadros evoca imaxes identificables que representan diferentes ámbitos da dor e preséntaas con dramáticos e suntuosos xogos de luces. O artista xoga coa dualidade entre o real e o irreal, e cuestiónase a materialidade da memoria colectiva.

Tamén en Vigo, no Centro Cultural Caixanova, pode verse nestes días nunha mostra que recolle a traxectoria do escultor tudense Cristino Mallo. Bronces, bocetos, debuxos e ferramentas do artista falecido en 1989 atópanse nunha mostra que rinde homenaxe a unha das figuras máis descoñecidas do arte español da segunda metade do século XX. Aínda que naceu en Galicia, pódese decir que Mallo tamén é un visitante ilustre polo pouco coñecida que é a súa obra na nosa terra.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_