_
_
_
_
Reportaje:LUCES

A custodia do legado fílmico

O novo director do CGAI, Guillermo Escrigas, reforzará o arquivo do centro

Guillermo Escrigas (Ferrol, 1953) defínese ante todo como "documentalista". Acabado de chegar á dirección do Centro Galego das Artes da Imaxe, logo de case dous anos de interinidade de Jaime Pena e do frustrado nomeamento de Antonio Simón, Escrigas subliña o carácter "de arquivo" da institución. "O CGAI potenciará o seu carácter de filmoteca e, entre as súas funcións, a de conservación do patrimonio cinematográfico galego", salienta. O director do centro, con sede na Coruña, refírese "ao cinema galego no sentido máis amplo posíbel".

"O cinema galego non é só o cinema feito por galegos, senón tamén o cinema feito aquí ou con xente de aquí ou o cinema de exiliados, por caso", enumera. Escrigas menciona o prototípico Martin Sheen -o protagonista de Apocalypsis Now! descende de emigrantes de Salceda de Caselas- e exemplifica con George A. Romero, o director do lendario filme de terror A noite dos mortos viventes (1974). "Romero é fillo de galegos, e xa conseguimos unha fotografía del cos seus país na Coruña, obra de José Selier". O máximo responsábel do CGAI asegura que "houbo máis galegos que fixeron cinema en Hollywood e hai que recuperalos para Galicia".

Guillermo Escrigas considera "necesario poñer en valor os fondos" almacenados na sede coruñesa do CGAI. "A xente non coñece o que temos no centro; unha das nosas ideas é tratar de editar en deuvedé o que nos parece fundamental do cinema galego que conservamos". A filmoteca prepara, en colaboración co Museo do Pobo Galego, unha edición d'O carro e o home, a fita etnográfica que Antonio Román e Xoaquín Lorenzo realizaron en 1940.

"A colaboración con outros organismos tamén resulta fundamental para o CGAI; ademais do filme de Xocas, sacaremos as gravacións dun naufraxio, en 1913 na costa de Portugal, xunta o Consello da Cultura Galega", afirma Escrigas, que menciona a Cinemateca Portuguesa entre as entidades susceptíbeis de traballos conxuntos co CGAI.

A recuperación de filmes publicitarios, as fitas empresariais -"cada vez que Fenosa inauguraba un encoro, gravábao, e sempre con profesionais recoñecidos", relata Escrigas-, ou coleccións privadas de cinema silente fan parte dos planos inmediatos do centro. "Temos que incidir na imaxe fixa; até agora non se lle prestou tanta atención como á imaxe móbil".

Dende a súa creación en 1989, durante o goberno tripartito, o CGAI foi unha das poucas institucións culturais situadas fóra da capital. "Non imos mover a sede a Santiago, pero si que estamos en negociacións para buscar outro edificio".

As instalacións da rúa Durán Loriga fican pequenas para o material que abeira a filmoteca galega. "Trasladarémonos a un edificio independente [na actualidade, o CGAI comparte inmoble cunha biblioteca municipal] e representativo", indica Guillermo Escrigas. Respecto da posibilidade de descentralizar a exhibición, amósase a prol: "É complexo, pola falta de proxectores e de salas noutras cidades, e polas dificultades de distribución dos filmes; pero pretendemos chegar alén da Coruña, por suposto".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_