_
_
_
_
LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Escritura e identidade

Unha das cuestións que sempre me fixeron matinar nas cousas da emigración como un sen lugar (un non sitio onde non é posíbel mais que non ser) foi a consideración de "natural" que ten para algúns dos intelectuais significados da capital do Estado o feito de falar español, como se ese fora o idioma único do Estado e como se outra cousa fose unha anomalía grave. A partir de aí todo está permitido: todo é unha anomalía, todo o que non se corresponda con esa idea do mundo que pasa por esa clase de cousas que teñen a esa clase de naturalidade como centro referencial é un feito anómalo. Se levamos todo iso sobre o mundo político, entramos xa no España se hunde e outras alfaias do discurso político da centralidade patóxena. Non falta o atoleirado que fala do abandono del español, nin os medios que publiciten estes disparates. E todo iso, de balde, sen necesidade de coller entrada para o Grande Teatro da Construción Absurda da Idea de España. De balde. A penas soportar as bágoas de catro tolos que acompañan a representación con laios sobre as grandezas do imperio perdido e qué bonita era España... Antes de que algúns insolentes decidiran non deixar morrer as súas linguas, entre outras cousas a conservar. Pero isto non azouga a ninguén no grande circo do España se hunde, iso é un antollo de tipos arrebatados de nacionalismo, algo que eles, por suposto, non sofren, porque a naturalidade é así: todo mal é alleo.

Nestas condicións, a recepción dos libros procedentes das periferias por escritores de linguas periféricas é sempre defensiva: que quererán? Con todo, moitos cidadáns libres de prexuízos graves confórmanse como público estábel das traducións de xentes de Cataluña, Euskadi ou Galicia, do mesmo xeito que moitos autores non periféricos son traducidos e recibidos nas linguas periféricas. Isto sería (e en parte, xa o é) o normal.

Se eu vivo e traballo en China pero escribo en galego son un escritor chino ou galego? Cousas así aínda envelenan as relacións literario-institucionais, e quizais precisen de certas matizacións para que ninguén se sinta marxinado: un escritor emigrante é un non-escritor que vive sen-lugar nun non-sitio. Non cabe esperanza algunha. A condición de emigrante significa ser considerado alleo na terra propia e alleo na terra de destino. Isto tamén esixiría matizacións, pero esencialmente é así. Pero isto non quere dicir que esa condición de non-escritor sen-lugar nun non-sitio non teña a súa grandeza e a súa peculiar visión do mundo: a percepción dende un non-sitio pode ser extraordinaria, e de feito eu, poño por caso, sentina moitas veces como extraordinaria e como un privilexio negado aos escritores con lugar e sitio. Non se consola o que non quere, velaí.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_