_
_
_
_
Entrevista:JAIME BARREIRO GIL | Profesor de Historia Económica | LUCES

"Non pode haber unha selección identitaria"

Jaime Barreiro Gil non para a discutir a dimensión económica da cultura, fóra xa dos debates entre excepción e diversidade cultural. Para o profesor de Historia Económica da Universidade de Santiago "hai boa oferta tanto en animación como na produción musical, pero cómpre unha estratexia, porque os mercados hai que traballalos". Fai unha encomenda de deseño: "Non pode haber unha selección identitaria do que imos vender. Na PopKomn [a feira cultural berlinesa onde este ano actuaron Berrogüetto, Faltriqueira ou Deluxe] non estiveron Los Reyes del KO", o combo galego de blues radicado en Berlín.

Sobre o deseño da política cultural, dentro e fóra das competencias da futura Agadic, o profesor valora "que se pidan contas". En paralelo, unha progresiva normalización nas relacións entre artistas, empresas e institucións. En termos de mercado, fala de "pensalo como as promocións culturais ou turísticas, que é o que temos e onde o colocamos", favorecendo a creación de escolas de formación.

O tema complícase á hora de vertebrar sectores riscados pola deslocalización, como é o caso do audiovisual. "Non hai que pechar campos se queremos situar un produto cultural forte", di. Canto ás estrategias de xeración de mercado cultural, a muda é máis visible. "Os soportes técnicos de produción esgotáronse, e en boa parte deben ser substituídos pola relación directa entre creadores e público, que ten que ser favorecida". Aquí acae mención á Sociedad General de Autores: "Eses impostos preventivos protexen os ingresos dos creadores consolidados". A necesidade dunha infraestrutura debe fincar o pé tamén na diversificación de espazos. Nos barrios, nos colexios e nas aldeas. "Hai que ser cada vez menos elitista coa creación", afirma, "sen baixar os estándares de calidade".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_