Arte internacional para a caída da folla
Os museos galegos presentan as mostras da nova tempada, entre as que salientan exposicións de Picasso e Man Ray
O verán chega ao seu fin e os espazos expositivos galegos anovan os seus contidos cara a un outono no que os interesados no mundo da arte van ter a oportunidade de disfrutar de multitude de propostas que cubren diversas disciplinas e épocas artísticas. Grandes nomes da historia da arte coma Picasso ou Man Ray contarán con exposicións individuais e, ademais, haberá posibilidades de ver pezas de figuras destacadas da arte contemporánea internacional e unha exposición que profundizará na traxectoria no exilio dun dos grandes nomes da plástica galega, Luís Seoane.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) foi un dos máis madrugadores á hora de mudar as exposicións que presentou durante o verán. Onte inaugurouse a mostra A batalla dos xéneros no que através do traballo de medio cento de artistas volvemos aos anos 70, unha época no que o feminismo e a teoría de xénero convértense na razón de ser da obra de moitas creadoras. Entre as que forman parte deste exposición sobrancean nomes coma os de Louise Bourgeois, Nancy Spero, Cindy Sherman, Ana Mendieta e Marina Abramovic. No mesmo centro tamén se abriu hai uns días a mostra Cuestión xeracional no que se presentan obras de arti stas de procedencia moi diversa que viviron a súa infancia e adolescencia entre os anos 70 e 80.
Man Ray, García Alix e Silvia Plachy estarán presentes na mostra PhotoGalicia
A oferta estrela do outono será a exposición de Picasso na Fundación Barrié
Un dos fitos do outono artístico en Galicia serán as dúas exposicións que vai adicar a Fundación Barrié de la Maza á obra de Picasso nas súas sedes de A Coruña e Vigo. Na capital coruñesa exhibiránse a partir de outubro retratos femininos do xenial pintor andaluz, mentras que en Vigo amosaranse cadros de naturezas mortas. As obras seleccionadas pertencen a coleccións privadas, algunhas que nunca se amosaran en público, e permanecerán expostas até o vindeiro mes de xaneiro.
A Fundación Caixa Galicia centrará a súa actividade ata finais de ano na posta en marcha da primeira edición do ciclo PhotoGalicia, que consistirá na apertura de cinco exposicións de destacadas figuras da fotografía noutras tantas cidades. Unha das máis interesantes será a retrospectiva que poderá verse a partires de mediados de outubro na sede da fundación en A Coruña que repasará a traxectoría artística dun dos nomes míticos do surrealismo e o dadaísmo, o estadounidense Man Ray. En Santiago exhibíranse obras dun dos mestres do fotoxornalismo, Sebastião Salgado, mentres que Pontevedra, Ourense e Lugo adican exposicións á obra de Alberto García-Alix, Manuel Vázquez e Silvia Plachy, respectivamente. As exposicións de Man Ray, Salgado e Plachy formaron parte do programa de PhotoEspaña, un prestixioso certame que se pechou en Madrid a finais do mes de xullo.
Un dos grandes museos galegos, o Marco de Vigo, celebra este outono o seu quinto aniversario cunha gran exposición que terá como fío conductor o xeito no que o tempo define o noso mundo. Nomes destacados da arte contemporánea internacional coma Nam June Paik, Tacita Dean, Tatsuo Miyajima o Ignasi Aballi ofrecen as súas perspectivas sobre esta temática. Algunhas das obras que forman parte da exposición foron realizadas expresamente para as salas do Marco. A mostra, que ocupará a totalidade dos espazos expositivos do museo, abrirase o 19 de outubro.
En A Coruña a Fundación Luís Seoane dedica una exposición a analizar a relación do artista galego con Bos Aires, a cidade onde desenvolveu a parte máis importante do seu traballo artístico. A mostra presentará obras de artistas arxentinos e doutras nacionalidades que tiveron relación con Luís Seoane durante a súa estadía nesa cidade, ademais de reproduccións de carteis, catálogos, recortes de prensa e fotografías persoais do artista galego. Tamén se amosará un documental elaborado expresamente para esta mostra polo cineasta arxentino Miguel Rodríguez Arias.
Semella que a diversidade das propostas servirá para satisfacer a todos os gustos aínda que tamén queda a opción de acudir a algunha das moitas galerías existentes nas cidades galegas que tamén nestes días anovan as obras que exhiben. Haberá que agardar algo máis, ata o mes de xaneiro, para ver unha exposición que esperta moito interese dende que se anunciou a súa chegada. Trátase da mostra adicada ao artista grego Jannis Kounellis, que poderá contemplarse na sede da Fundación Caixa Galicia, na rúa do Vilar de Santiago de Compostela.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.