_
_
_
_
Entrevista:AN ALFAYA | Premio Fundación Caixa Galicia 2007 | LUCES

"Escribo sen pensar no destinatario"

"En realidade, eu escribo sen pensar no destinatario", afirma An Alfaya (Vigo, 1964). A súa novela Illa Soidade vén de se facer co segundo Premio Fundación Caixa Galicia, outorgado a obras destinadas ao público mozo. "A premisa da idade dos lectores, de entrada, nunca a teño en conta", asegura, "simplemente escollo a temática do libro e o seu desenvolvemento é o que sitúa o público".

A novelista viguesa explica que a narración que lle valeu o galardón xira arredor "do mundo marxinal, da indixencia". O proceso de escrita partiu dun cartafol no que Alfaya recollía retrincos de prensa relativos á mendicidade, ás zonas marxinais da sociedade, a situacións de abandono e violencia. "Titulei o cartafol Illa Soidade", relata, "e, un día, revisándoo, dispúxenme a elaborar a novela". An Alfaya confesaba, inmediatamente despois de recoller o premio Fundación Caixa Galicia na illa de San Simón, que o traballo en Illa Soidade fora "a tropezóns".

Illa Soidade narra, en palabras da editorial "a historia de Lucía quen, nunha viaxe de estudos, lembra a súa relación con Soa, unha esmoleira que coñecera cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se producía no barrio". An Alfaya concreta e fala das motivacións que subxacen á trama: "Todos somos illas, nacemos illas, en absoluta soidade". "Quizais as illas máis deshabitadas son aquelas que forman arquipélagos de soidade", di. O xurado do premio que posibilita a publicación de Illa Soidade, na colección Fóra de Xogo de Xerais, ditou un fallo no que cualifica a obra de An Alfaya como "unha novela iniciática".

An Alfaya é unha escritora prolífica. O pasado ano, a mesma liña editorial que acollerá Illa Soidade publicaba A sombra descalza, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil. Pouco antes, tirara do prelo Matei un home, a súa incursión na novela negra, que lle concedeu os favores de certa crítica e que materializou na narrativa os seus estudos en criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid. "Agora mesmo teño cousas comezadas", indica, "pero aínda sen fíos, sen estruturas ríxidas". Mais dúas novelas xa rematadas, A alba de Montebranco e Os seres con raíces na cara -no xénero fantástico-, atópanse a piques de se botar á rúa. Ademais da faceta narrativa, Alfaya escribe para os escenarios teatrais: "Sigo a escribir teatro, pero a publicación resulta moito máis difícil que no caso das novelas". An Alfaya fora unha das cofudandoras de Teatro Avento, de Vigo, no ano 1985.

A autora de Illa Soidade centra as súas lecturas na literatura suramericana. "Cando eu sexa maior e aprenda a escribir", ironiza, "ese é o tipo de literatura que quero facer, a que me inspira". E aínda que confesa que non lle gusta dar nomes, cita a Julio Cortázar. E continúa: "Tamén me interesan as obras cervantinas dun escritor español que non é todo coñecido que debera, Luis Landero". De entre os escritores en galego, An Alfaya non dubida: "Manuel Rivas, gústame Manuel Rivas".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_