_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Folk requintado, Flaming Lips e Andrés Dobarro

Crema de Gaita, Son de Seu e Cornelius sacan disco, mentres o lugués Xan Molina, 'Mequetrefe', intenta facer rock "algo diferente"

Tras Coplas para Icía, o disco do cantautor Xabier Díaz, que antecedeu ao Ventevindo de Fía na Roca, dous proxectos do folk galego con presunción de excelencia saen adiante en xuño: TanGalego (Ouvirmos), o primeiro disco do grupo vigués Crema de Gaita, e Trastempo, o novo traballo de Sondeseu, a primeira orquestra de música folk de España. Ademais, PAI Música apontoa a súa aposta pola fusión de raíz anglosaxona con Greatest hits, o primeiro disco dos pontevedreses Cornelius.

De por partes: o groso do repertorio de Crema de Gaita, composto por Ernesto Campos (autor tamén para Carlos Núñez, Budiño ou Susana Seivane), segue a abrazar "formas pouco convencionais na música folk concibida en Galiza", con ritmos latinos (desde tumbaos a habaneras) sobre influenzas euroatlánticas e versións de músíca tradicional galega, seguindo a publicidade. Nos 15 temas do disco colaboran desde o baixista Kin García á violinista Ioana Pérez, que ten colaborado con Bebo Valdés. O tango agaiteirado que dá título ao disco xa se pode descargar desde a páxina de Ouvirmos.

DO TRINQUE

O de Sondeseu é distinto. A orquestra presentouse como tal no Festival de Ortigueira de 2003. A profesionalización chegou con Mar de Vigo (2004), o seu primeiro disco, e acabou de callar coa creación da Fundación Sondeseu, nacida para xestionar a orquestra, desenvolver estudos etnomusicolóxicos e difundir a música de raíz galega. Agora mesmo falamos de 45 músicos dirixidos, nas súas diferentes seccións, por Anxo Pintos (zanfonas), Rodrigo Romaní (harpas), Xaquín Xesteira (gaitas e percusións), Alfonso Franco (violíns), Chisco Feijoo (pandeiretas) e Xosé Liz (requintas). "Trátase de buscar o equilibrio entre a composición orquestral e os criterios dun tratamento moderno da música tradicional", di Romaní, que destaca que en Sondeseu seguen sen empregar secuencias electrónicas (el di aprezas os loops de Mercedes Peón en Sihá). Agás algún experimento en Bretaña, e fóra do rural, a orquestra galega avanza polos seus medios. Trastempo preséntase o 15 de xuño, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Con outra profilaxe, David Chiquillo, o cantante de Cornelius, promociona o traballo da súa banda: "Facemos funk, soul e rock co noso punto de vista". Cantan en inglés, e mesturan nas súas escoitas os clásicos con epígonos como Lenny Kravitz.

As novas do myspace son das máis agradables. O lugués Xan Molina Quiroga construíu na súa casa o proxecto Mequetrefe: ordenador, guitarra, mesa de mesturas e instrumentos adaptados. O resultado é unha música persoal con influenzas da psicodelia transversal dos mellores Primal Scream, o rock festeiro e a música electrónica. Molina cita entre as súas referencias a Flaming Lips, Broken Social Scene ou The Beta Band. E di cousas bonitas: "Trato de facer algo un pouco diferente ao que se fai no panorama indie galego e estatal, onde xa hai demasiados grupos que soan a Franz Ferdinand, Strokes, Bloc Party e demais". Contra finais de mes tamén sairá n? A Regueifa a reedición dixital de Berlin, o poemario de María Lado con arpexos post-rock de Noel Feáns (Fanny + Alexander). A poeta aínda non escoitou a música e non se compara con ninguén. Que podería inaugurar unha tradición en Galiza parece claro.

Como é sabido, Andrés Dobarro xa ten, desde o 6 de xuño, o seu Manifesto dobarrista (Falcatruada). Dezaoito anos despois da morte do reiseñor, só falta que Teresa Moure descubra os Smiths. What difference does it make?, etcétera.

Canto aos concertos, a proposta máis interesante é a dos ingleses Tunng, o 21 de xuño en Santiago. O camiño do folk non acaba no mundo anglosaxón, pero aquí aínda queda ata trabar folk, pop e electrónica sen facer renxer os epíctetos. A Tunng tráenos o colectivo vigués Sinsal Audio. Antes, o 16 de xuño, tocan en Compostela La Habitación Roja. O 24, un pouco máis abaixo (Braga), será posible asistir ao concerto de Philip Glass.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_