_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Chega o funk en galego

O estilo musical que inmortalizou James Brown rexurde entre os grupos do país

Ninguén sabe moi ben explicar a razón pero o certo é que nos últimos tempos a temperatura da febre do funk está a subir en Galicia. Dunha a outra punta do país é posible escoitar a bandas que teñen coma bandeira o estilo musical que inventou o recentemente falecido James Brown. Na maioría dos casos non se trata de funk puro senón misturado con outras fontes musicais, pero o certo é que o aroma da música negra está a impregnar os discos e maquetas de moitas bandas galegas que unha vez que o proban xa non o poden esquecer. Nalgúns casos os vocalistas ata cantan os seus temas en galego. Seguro que nin sequera o padriño do funk creou algunha vez que a súa influencia chegaría tan lonxe.

O veleno do funk entra moitas veces sen avisar. É o que lles aconteceu ao grupo coruñés Loretta Martin que comezou a súa carreira musical hai cinco anos con unha mistura de rock e blues que paso a paso, foi evoluíndo cara aos sons máis influídos pola música negra. Agora a súa proposta é unha fusión de rock, acid-jazz, funk e música brasileira pero cantada en galego. O baixista Fran Sanz asegura que o idioma de Galicia ten unha gran riqueza sonora é non supón ningún problema adaptar as letras a este idioma. "Nós cantamos en galego desde o primeiro día, pero non se tratou dunha decisión consciente. Saíunos así", explica. Entre as influencias de grupos funk visibeis en Loretta Martin cita a bandas coma os británicos Jamiroquai e os brasileños Zuco 103. Non teñen relacións con outros grupos funk galegos pero foron teloneiros da banda española que elevou a música de James Brown á categoría de relixión: a Fundación Tony Manero, un grupo moi habitual nos escenarios galegos e que protagonizou algúns concertos apoteósicos nos últimos anos.

No caso de Dr. Funkstein, un grupo das Pontes, o espíritu de Brown tamén apareceu de súpeto. Todos os seus integrantes teñen gustos musicais diferentes e nesa mistura está a orixe do nome da banda, que fai do eclecticismo unha das súas bandeiras e canta os seus temas en castelán, inglés e galego. Genel, baixista do grupo, sinala que os temas de bandas e solistas coma Jamiroquai, Red Hot Chili Peppers o Jimi Hendrix están moi presentes na evolución musical do grupo pontés.

Os membros da banda arousana Cornelius tamén proceden de grupos con estilos musicais moi diversos. Algúns deles, como o baixista Antonio Casado, estiveron con anterioridade en Salty Water, unha banda de Vilagarcía que xa tiña moi presente a influencia do funk. Casado explica que a incorporación do cantante Chiquillo e a súa voz "negroide" ao proxecto de Cornelius acabou por facer que o virus do funk os contaminase dun xeito definitivo. "Facemos o tipo de música que nos apetece e góstanos moito a música negra. Entre os intérpretes que nos influiron podemos citar a xente coma James Brown, Curtis Mayfield ou o propio Michael Jackson, que tivo unha época de cancións moi boas", explica Casado.

Pese a que moitos destes grupos comparten estilos e influencias musicais é curioso que a maioría nunca compartiu escenario. O certo é que os que queiran vibrar cos ritmos sincopados do funk o teñen doado porque é seguro que algunha destas bandas ofreza unha actuación perto do lugar onde viven. Á nómina de grupos con presenza do funk hai que engadir a bandas coma Moon Cresta, Phanton Club, Cinnamon Gum ou Donatore di Groove. O certo é que a febre esténdese polas catro provincias sen distinguir pobos, vilas ou cidades. Se o vello James Brown erguera a cabeza, de seguro que viría a Galicia a botar unha ollada a eses mozos brancos que cantan cancións que semellan súas nesa lingua tan rara para el.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_