_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Vento, corda, pop e rock

Os traballos de Nadadora, Nova Galega de Danza, Noise Project, Cristina Pato & Mutenrohi e Cornelius, entre as novidades de maio

"Supoño que estamos empezando a perder o medo", di Daniel Abalo, batería e programador de Nadadora. O segundo disco dos grovenses, Hablaremos del miedo (Jabalina), estará nas tendas o 21 de maio. A curiosidade é grande, máis alá do universo en construción do pop galego.

"Eu creo que se nota que somos un pouco máis agudos, se o comparamos con Todo el frío del mundo [o seu primeiro disco]. Aquí xogamos un pouco máis a abrir o son, sen medo a agochar cousas". Sendo unha gabanza fermosa, a Abalo non lle gusta que os comparen cos grupos nucleares do pop español dos 90 que emitían desde Donosti. Galaxy 500 ou Mercury Rev, ben queridos polos galegos, non están dentro do marco de referencias dos vascos, cos que si comparten o gusto polas harmonías e os arranxos (neste disco hai vento e corda) e as transicións dos grupos de Manchester. E, sobre todo, o amor pola narrativa pop.

"Está ben que nos comparen con Family, pero a nós pódennos gustar a un tempo Radiohead e Nick Cave". Trasladado isto ao pop con aplicacións roqueiras, o ruído comeza cando se fixa a melodía. El bosque e Tú y cuántos como tú serán os adiantos dun disco que tamén inclúe un tema en galego: Todo o mundo protesta. O día 2 preséntano en Vigo (La Fábrica de Chocolate) e o 9 en Madrid (Sol).

En maio tamén se coñecerán, entroutras, as novas propostas de Nova Galega de Danza, Noise Project, Cristina Pato e Cornelius. O día 14 sae por fin en disco Engado (Falcatruada), de Nova Galega, un dos proxectos máis renovadores do folk galego. Para Xosé Lois Romero, este traballo difire "bastante" de Alento (Premio La Opinión 2005 ao mellor disco folk galego). "Aquí hai vibráfono, ripamos o violín... E a entidade dos temas é maior", di. Romero non entra a valorar o traballo propio, mais convén que o que fai Nova Galega "non encaixa nos andeis existentes". O Misturados de Cristina Pato con Mutenrohi, que porá á venda Zouma Records polas mesmas datas, responde máis ao xesto recíproco de amizade da gaiteira ourensá coa formación da que saíu. Dez anos despois de Has bailar, o último disco de Pato con Mutenrohi, Cristina aparcou o seu doutorado en Nova York para deixar constancia do seu agradecemento. Para Pato, "artisticamente estamos ben". "Non se pode dicir o mesmo da industria musical", matiza.

Á marxe de calquera industria está o Teleclube de Noise Project, ao que axiña se poderá acceder gratuítamente desde o seu myspace e tamén desde A Regueifa. A maqueta do grupo de Valga promete moitas cousas no ronsel ruidista de hai 25 anos, pero tamén na versión máis roqueira dos escoceses Mogwai, que xa abandonaron aquela paixón pola tendencia que asulagou de cantarelas post-rock (experimentación e melancolía pop) as revistas especializadas. Os de Valga cantan en galego, feito que admite valoracións periféricas. Se o fixesen en calquera outra lingua, serían igualmente o primeiro grupo galego de noise-rock da era myspace. "O pop teno un pouco máis fácil porque detrás non hai nada", din, "pero se falamos de rock está Fame Neghra".

Por parte de PAI Música tamén hai novas: o novo disco de Malvela, Da miña xanela á túa, preséntase hoxe no Cultur.gal de Pontevedra. O traballo da octoxenaria Carme de Mos non tardará en saír, e aínda se espera o disco de Magín Blanco, o ex guitarrista de La Rosa. A última aposta de PAI é Cornelius, unha banda de Vilagarcía con base rock e fusións soul, pop, funk ou ska. O seu primeiro traballo, So cool, estará nas tendas antes de xuño. "Eramos conscientes de que se nos faría máis caso cantando en galego ou en castelán", din. A maioría das referencias do seu cantante, David Chiquillo, son anglosaxonas. Do rock clásico dos 70 a Jamiroquai.

Entre a oferta musical de maio, o 16 haberá un adianto do Festival Rock en Costa na Nasa compostelá, onde actuarán The Homens, Los Ruínes e Projecto Mourente. O 18 e o 19, no Festival de Norte de Vilagarcía, tocarán entroutros Sr Chinarro e Astrud, nun cartel que inclúe tamén os galegos Igloo, Ectoplasma ou Triángulo de Amor Bizarro

O mesmo 19 de maio, Van Morrison tocará en Santiago. E, aínda que é posible que Hymns to the silence (1991) fose o seu último disco innovador, ao músico de Belfast perdóaselle o revival. Uns días máis tarde volverá a Galiza co seu Editor de sueños Javier Corcobado, o introductor do ruído no rock español: 24, 25 e 26 de maio en Pontevedra, Vigo e A Coruña. Tras unha mala época, a súa presenza escénica é outra, mais a poética non mudou.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_