_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Tempo para renovar as feiras

Os editores recoñecen a necesidade de mudar os métodos de promoción do libro

Nun tempo no que se está a falar do impacto da chegada do libro electrónico e da supervivencia das antigas librerías o debate tamén alcanza a celebración das feiras do libro que se celebran cada ano entre os meses de abril e agosto nas principais cidades e vilas de Galicia. A capacidade de convocatoria deste tipo de eventos é desigual. Mentres que a feira de A Coruña conta sempre cun grande éxito de público outras, especialmente as que se celebran en cidades de tamaño medio, coma as de Ferrol ou Pontevedra, atopan máis dificultades e mesmo non chegaron a realizarse algúns anos.

A opinión maioritaria no sector é que non se debe prescindir dun medio que segue cumprindo a tarefa de achegar o libro ao público pero semella que é necesaria unha reflexión sobre a necesidade de atopar novos instrumentos de promoción e para facer que as feiras sexan máis atractivas para atraer ó publico, sobre todo aos novos lectores. Onte mesmo comezou Cultur. gal, un evento que vai na liña de unir a promoción de distintos productos culturais.

"Hai que estudar o xeito de conectar o libro con soportes coma o vídeo e a música"

"O problema sobre o éxito das feiras en Galicia non é tanto cantas se celebran coma o grao de implicación que poñan os organizadores e entidades que apoian este tipo de eventos. Un bó exemplo é a feira de Lalín, que se celebrou este ano por primeira vez e acadou un gran éxito de público", explica o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, quen se mostra partidario de seguir realizando este tipo de eventos aínda que "hai que tratar de facelas máis atractivas". Na súa opinión é evidente a necesidade de unir a promoción do libro á doutros productos culturais.

Bragado sinala que a motivación económica non é a principal para que Xerais acuda ás feiras, senón máis ben a oportunidade de dar a coñecer aos seus autores e novidades editoriais. Ao seu xuízo as feiras xa non cumpren o papel de atraer a novos lectores. "Iso ocorría no pasado, na actualidade as persoas que visitan as feiras son sobre todo os que van as librerías e bibliotecas", apunta. O responsable da editorial considera que as librerías teñen que seguir sendo o "motor" do sistema aínda que deben ofrecer máis información aos lectores sobre os libros que venden. "As librerías son comercios especializados e os libreiros teñen un papel decisivo á hora de recomendar unha obra aos seus clientes", engade Bragado.

Pola súa banda, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xaime Corral, opina que as feiras seguen a ser un bó instrumento para achegar os libros aos cidadáns aínda que ás veces algúns destes eventos vense afectados por factores tan variables coma "a climatoloxía, a elección das datas de celebración ou a ubicación dos recintos onde se instalan as casetas". Na súa opinión non resulta doado para os libreiros compensar económicamente o esforzo que supón a presenza nas feiras, aínda que considera que seguen a ser un medio importante e privilexiado para que os lectores poidan coñecer as últimas novidades editoriais e entren en contacto có mundo profesional que arrodea o libro.

Corral apunta que iniciativas como a feira Cultur.gal poden ser un bó apoio para a promoción do libro, aínda que "haberá que agardar a ver os resultados que se van a conseguir con ela". De tódolos xeitos, o representante dos libreiros galegos apunta que o ano 2007 pode ser unha boa oportunidade para dar "un novo pulo" ao sector.

Xaime Corral explica que unha das cousas que se están considerando dende a Federación de Libreiros é a de acurtar a duración das feiras de xeito que non duren tantos días coma ocorre agora. "Moita xente vaise das cidades durante a fin de semana e non ten moito sentido que as feiras se prolonguen durante dúas fins de semana consecutivas", indica.

Malia que entre os libreiros vai abríndose paso a idea de que é necesario tomar medidas para reformar as ferias, o certo é que non se albiscan moitas solucións prácticas. Un posible camiño é o que sinala o director comercial da editorial Galaxia, Xulio Amigo, que apunta a posibilidade de poñer en marcha unha feira itinerante que recorra as principais cidades e vilas galegas. "As feiras actuais seguen a ser efectivas pero é unha fórmula que non se renovou en anos e que en moitos lugares vai esmorecendo, con excepcións coma a da Coruña. De tódolos xeitos é mellor ter o que temos que non ter nada", declara.

Aínda que a porcentaxe de vendas que realiza Galaxia neste tipo de eventos é "importante", Amigo cre necesaria unha reflexión entre os empresarios do sector sobre o futuro das feiras: "Na miña opinión sería bó insistir en aspectos coma a multidisciplinariedade. Temos que estudar como podemos conectar o libro con outros soportes coma a música e o vídeo, porque son dous campos moi importantes para achegarnos aos mozos".

Ao longo deste ano celebraranse en total 13 feiras do libro en Galicia. Algunhas delas xa se aproximan ás 30 edicións e semellan que seguirán a celebrarse nos vindeiros anos, pero o debate sobre o futuro deste tipo de eventos xa comezou. Parabéns se o libro sae beneficiado.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_