_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Alén do 'fanzine'

As revistas galegas de cómic procuran dotar de canles de traballo a debuxantes e guionistas

Todo comezou nos fanzines. Aquelas publicacións autoxestionadas de banda deseñada e con carácter resistente, fotocopiadas e grampadas, de vocación militantemente artesanal e nomes bizarros -O Xofre, Ovo, Tintimán, Valium 10-, eclosionaron na Galiza máis ben tarde, durante a década dos 90. Entre o espírito punk do fanzine e a primeira revista de cómic profesional que excede as fronteiras galegas, BD Banda, apareceu a xeración de autores de banda deseñada mellor dotada da historia do país.

Logo de editar seis números dende a súa fundación en 2001 por un heteroxéneo colectivo que xuntaba deseñadores, xornalistas, pedagogos e o autor Kiko Dasilva, BD Banda vén de se transformar en revista profesional. "Esta amalgama de xentes diversas foi seguramente a que nos permitiu sobrevivir tanto tempo e evitou loitas de egos entre autores que adoito estragan con proxectos semellantes", opina o coordinador de BD Banda, Kiko Dasilva. "A diferenza entre o profesionalismo e o fanzine non é estética", explica Dasilva, "é que agora os autores van cobrar por traballo". A publicación que dirixe Kiko Dasilva presume de ser pioneira á hora de "pagar no intre no que o debuxante entrega a obra e non cando aparece publicada". Se nos primeiros números BD Banda funcionaba coma un catálogo do que se estaba a debuxar na Galiza, na nova etapa aspira a concretar o seu público e mesmo a crear series de personaxes.

"Os autores que traballamos agora rodámonos nos fanzines", di Benlloch
Kiko Dasilva: "Fálase abondo de cómic galego, pero o único que temos son autores"

BD Banda decidiu, en paralelo á arelada profesionalización, publicar unha edición en castelán. 1.500 exemplares en galego e 2.500 destinados ao exterior. "Amais, imos comezar a trasladar autores ao galego, algo que non se fixera nunca neste país e que servirá para normalizar a banda deseñada en galego", asegura Dasilva. A marca BD Banda tamén acolle o selo que se encarga de dar a luz álbumes individuais. Segundo Kiko Dasilva, "até o de agora, os volumes individuais eran autoedicíóns, pero iniciamos unha política de profesionalización editorial". As versións castelás de Thom, de Andrés Meixide, e de Tito Longueirón, de Pinto & Chinto, atópanse entre os traballos que BD Banda exportará ao mercado español en poucos meses. "A idea tamén é verter os clásicos do cómic mundial ao galego", indica Kiko Dasilva. O Corto Maltés de Hugo Pratt -de quen Galaxia vén de editar a novela sobre o mesmo personaxe- ou pasar a Quotidiania delirante, de Miguelanxo Prado, ao galego, son algunhas das obras que gorentan traducir en BD Banda, "tamén para non estar todo o tempo mirando o embigo".

Para Kiko Dasilva, fálase abondo de banda deseñada galega, "pero en realidade o único que hai son os autores". Uns autores que se formaron naquel vizoso universo fancineiro. "O referente cando montamos BD Banda", confesa Dasilva, "estaba no espírito do Frente Comixario". Tres das cinco persoas que forman o consello editorial de BD Banda estiveran involucrados na experiencia de Frente Comixario, en palabras de Dasilva "un dos proxectos máis serios do cómic galego nos 80". "A carencia de medios técnicos, como computadores ou imprentas dixitais, impediu a profesionalización daquela andaina", conclúe Dasilva. Outro dos intentos de construír iniciativas non afeccionadas no eido da banda deseñada galega foi aquela da revista Eclipse, promovida por Miguelanxo Prado. "Eclipse desapareceu despois do primeiro número por mor da censura política", relata Dasilva, "cando o segundo estaba rematado".

A crise do movemento fanzine provocou que a situación mudase nos últimos dez anos. Se na pasada década había 20 ou 30 publicacións activas no territorio galego, apenas Barsowia, editada polo colectivo Polaquia desde o ano 2003, mantén a bandeira do amateurismo erguida. Premio ao mellor fanzine no último Saló del Còmic de Barcelona, Barsowia tira entre 500 e 600 exemplares por número cuadrimestral. Segundo un dos responsábeis da publicación, Kike Benlloch, "Barsowia leva editadas máis de 500 páxinas de banda deseñada".

Benlloch tamén lembra a época do fanzine. "Dalgún xeito, os autores que estamos a traballar hoxe en día rodámonos aí, nese mundo dos fanzines". Nunha pequena incursión histórica, Kike Benlloch fala de que "nos 80 había revistas que tamén publicaban banda deseñada, pero eran revistas centradas na fotografía ou no deseño". E continúa cunha referencia á actual e mellor xeración do cómic galego e á "total ausencia de canles" nas que traballar. "Tristemente, a emigración segue a ser a saída dos debuxantes e guionistas galegos", dóese Benlloch. Madrid, Euskadi ou Castellón resultan os destinos de autores como David Rubín, habitual na editorial vasca Astiberri.

Rubín, que recibiu por La tetería del oso malayo o galardón ao autor revelación no certame barcelonés, publica decote en Barsowia. Benlloch conta que este fanzine é "un barco cargado de criticismo, no que publican unha gran variedade de autores". "Entre o humor caricaturesco e o intimismo poético, entre os que empregan recursos narrativos crípticos e outros que optan pola literalidade", explica Benlloch, "en Barsowia, que é un vehículo común, aparecen autores diversos, que nos gustan e que nos interesan". Co galego e o portugués como idiomas base, os doce autores que fan parte do colectivo Polaquia tamén funcionan como soporte de autoedicións individuais, no que xa publicaron Diego Blanco ou Covelo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_