_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Os videoclips fanse ver

Máis de medio cento de grupos galegos realizaron vídeos musicais no último ano

A mediados dos 80 o videoclip era en Galicia un xénero máis ben escaso, quitando contadas excepcións de pioneiros como Antón Reixa ou Xavier Villaverde. Vinte anos despois, o bum dos videos musicais é un fenómeno imparable. "Temos emitido máis de medio cento de videoclips galegos feitos só no último ano", explica o xornalista Francisco Novo, director do programa Miraxes, un dos espazos da TVG onde se promociona o video musical. Precisamente, a televisión autonómica foi determinante na promoción destas pezas a mediados dos 90, onde o programa Xabarín Club deu a coñecer a moitos grupos daquela emerxentes. Este espazo ten previsto ó longo deste ano "a estrea de alomenos dez novos traballos", segundo anticipa Alberto Casal, actual director deste espazo televisivo.

Nos últimos anos, a produción de videoclips disparouse, ata tal punto de que hai grupos como Quant, De La Hoja ou Anatoli, que incluso fixeron o seu vídeo antes de teren disco no mercado. Hai importantes núcleos de produción, como a empresa coruñesa Empuje.net, que ten realizado mais de media dúcia de traballos no último ano, de grupos como The Majestics, Sevigny e Los Santos, ou selos discográficos que promocionan ós seus propios grupos como Falcatruada ou Pai Música.

O responsable de Pai é Segundo Grandío, un veterano músico e produtor, ex-compoñente de Siniestro Total. Da factoría de Grandío saíron nos últimos dous anos arredor de vinte clips de grupos entre os que están El Cubo, Moon Cresta ou Jabón Blue, o debú musical do ex heredeiro Javi Maneiro. "O novo entorno dixital facilitou a produción de videoclips, que son un complemento necesario para a industria discográfica", explica Grandío desde o seu estudio en Gondomar.

Uns dos máis recoñecidos creadores galegos de clips son os coruñeses Juan Lesta e Belén Montero. Lesta é Montero teñen realizado nos últimos anos 15 traballos para grupos galegos como Avalon e para formacións punteiras do pop español como Fangoria ou Astrud. Estes creadores teñen o honor de seren os únicos galegos elixidos no catálogo Eclectia, no que están seleccionados os mellores clips feitos o pasado ano en España. A pesar de teren traballado con grupos ó mais alto nivel, Lesta matiza: "Non se pode vivir de facer videoclips, pero a cambio pódese acadar unha grande liberdade creativa". No momento actual, hai un dato que chama a atención de Francisco Novo: "Mais dun oitenta por cento dos clips que se están a facer en Galicia, pertencen a grupos que acaban de sacar o seu primeiro disco". Un dos novos realizadores que mais ten traballado con eses grupos emerxentes é o realizador Manu Viqueira que, xunto co seu irmán Daniel, ten realizado traballos para media dúcia de grupos como De La Hoja, The Dismal ou Pulpiño Viascón. "Esta proliferación de clips responde á democratización imparable que está a te-lo audiovisual e á liberdade que dá o formato", afirma Manu Viqueira.

Outro realizador cunha longa traxectoria neste formato é o músico e realizador Paco Serén, ex-compoñente de Los Piratas. Serén ten realizado clips para músicos como Iván Ferreiro, A Banda de Poi ou, mais recentemente, a súa actual banda, Ectoplasma. "Eu son especialista en presupostos reducidos, o que pasa é que logo, cando se consagran, xa chaman ós que lle cobran moito", bromea Serén, quen explica que un clip pode ter un prezo moi variable: "Desde cero a 6.000 euros, depende do colegueo, o tempo...". Ademais destes realizadores, hai decenas de grupos independentes galegos con traballados clips como Meu, Narf, Zënzar, e a calidade de videos como o dos vigueses afincados en Barcelona CatPeople ou o peculiar clip animado da banda Niño y Pistola.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_