_
_
_
_
LUCES

A pexa do sexismo

Voces disidentes contestaron desde o século XIX o androcentrismo na literatura galega. O discurso patriarcal non foi aínda completamente superado

O óleo de Luís Seoane Mulleres apañando froita.
O óleo de Luís Seoane Mulleres apañando froita.

“Pilleina entre os pinos soa, / alba de medo tornou; / quixo fuxir, mais non pudo /, (que sabe que peixe eu son). / Rogárame de rodillas; / de rodillas me rogou; / tembrou como a vara verde / que estremece a virazón. / Cal quen teme ser oída, dixo:-...pídocho por Dios...-! / -Estás fresca!, -lle contesto- / vente a min con oracións”. María Xosé Queizán analizou versos coma estes en Misoxinia e racismo na poesía de Pondal, un ensaio publicado a finais dos noventa que ergueu forte polémica. O debate arredor do sexismo na literatura galega reavivouse recentemente, como proba a controversia, recollida por este xornal, entre as profesoras Pilar García Negro e Helena Miguélez arredor da figura de Carvalho Calero. “Pondal non é o único”, asegura Queizán. O imaxinario patriarcal “ou ignora as mulleres, ou presenta unha imaxe negativa delas, ou idealízaas. Non é que o fagan dun xeito deliberado. É máis grave: non nos ven, non pensan en nós”, sinala. No Rexurdimento e nas primeiras décadas do século XX escribíronse parte das páxinas que mellor reflicten os prexuízos androcéntricos.

Mais houbo, desde o principio, voces disidentes. A mediados do século XIX, a mera presenza de sinaturas femininas na literatura “ataca os alicerces do dominante poder masculino que se baseaba na súa ocultación para garantir a súa hexemonía. Tíñano en común os sistemas literarios que nos rodean (castelán, francés, portugués...); mais nós temos unha singularidade que nos sitúa na vangarda da creación literaria, política e feminista de todo o XIX occidental: Rosalía de Castro”, salienta a profesora Celia Armas. Pero non só Rosalía. Nese tempo tamén publicaron, en castelán, outras mulleres concienciadas coma Filomena Dato, Sofía Casanova, Maria Vinyals ou Maria Barbeito, reivindicadas pola profesora Aurora Marco.

A invisibilización das mulleres continuou, malia todo, no discurso dominante. “A muller quedou apartada, como suxeito, dos debates intelectuais do galeguismo levada a cabo polos homes das Irmandades e os homes de Nós. Nese momento créase un imaxinario potente, debido ao seu carácter fundacional: a mitificación da muller-Nai, a utilización masculinizada do celtismo, etc. É posíbel atopar algunha representación alternativa, moi condicionada polos modelos realistas que seguían a visibilizar un modelo de muller oprimida. A vítima pasiva da emigración de Castelao ou Dieste nos seus relatos, ou a Marquesiña, de Castelao, poderían ser exemplos”, reflexiona a profesora María Xesús Nogueira.

Amósase de acordo con ela Helena Miguélez, para quen “o discurso do nacionalismo cultural que hoxe fica representado nas institucións culturais autonómicas é patriarcal, porque tivo a súa orixe e se desenvolveu en interacción con discursos igualmente patriarcais que ían acadando status hexemónico no Estado español a finais do XIX e principios do XX”. “A metáfora da saudade non pode ser comprendida historicamente sen considerarmos os discursos coloniais do centralismo español sobre o chamado sentimentalismo dos galegos, esa forma de ser entre mansa, inactiva e feminina que escritores como Pardo Bazán, Juan Ramón, Unamuno ou Azorín describían como base étnica do ser galego”, engade.

“O discurso patriarcal dos rexionalistas do XIX continuou no primeiro terzo do XX nos relatos costumistas, coa presenza de mulleres submisas á estrutura social imposta, nunha idealización na figura das casadas e na representación de lerchas e prostitutas, mulleres que non se sometían ó papel asignado de esposas e nais. As primeiras son personaxes pasivos, sufridores, vítimas da miseria ou da mala vida que lles dan os seus homes, dos que son dependentes. Dos membros da Xeración Nós, só Otero lle dará certo protagonismo ás mulleres. Con todo, as marcas patriarcais están presentes nos criterios de relación dos homes coas mulleres e nos comentarios autoriais”, matiza a profesora Camiño Noia.

Xulgar o período que segue a 1936 é, porén, “complexo”, segundo Nogueira. “Algúns autores trazan personaxes femininos, pero poucas veces transgreden modelos herdados. O enfoque social visibilizou nalgún caso, e case sempre desde a opresión, modelos femininos, pero as representacións dunha feminidade alternativa son escasas. Abondo significativo é que un dos poemas máis emblemáticos da literatura escrita por mulleres, Penélope, de Xohana Torres desafíe un texto dun poeta canónico como Cunqueiro con aquel Eu tamén navegar!”, sostén.

A escritora Carmen Blanco analizou na súa tese a “estética, complexa e contraditoria” respecto disto en Otero, Blanco Amor, Carvalho, Cunqueiro, Celso Emilio e Díaz Castro. De Celso Emilio salienta a nai como prototipo feminino positivo, mentres que de Cunqueiro apunta como reflectiu o machismo da sociedade tradicional galega. En Blanco Amor detecta un profeminismo do “mito da muller forte”. A tamén profesora Carmen Fernández atopou no teatro de Cunqueiro maior presenza de personaxes femininos, explica na revista Agália.

A contestación ao discurso patriarcal reforzouse a partir dos cincuenta. A escritora Fátima Rodríguez lembra que autoras como Xohana Torres, Helena Villar, Chus Pato ou Margarita Ledo, “tiveron que romper moitos pratos para facer visible esoutro discurso, brindando ao poema unha corporeidade distinta”. Pura Vázquez, Luz Pozo, María do Carmo Kruckenberg ou Xohana Torres foron das primeiras. “Non foron escritoras feministas nin tiveron atrancos en publicar por parte dos seus colegas poetas, ao contrario. Das catro, Xohana Torres será a que asuma as ideas feministas dunha maneira máis evidente a partir do segundo poemario, Tempo de ría”, asegura Camiño Noia. As outras tres, na súa opinión, “asumen os papeis historicamente asignados ás mulleres, sen reivindicar cambios. Só Luz Pozo, a partir dos oitenta, fará unha poesía máis reivindicativa contra o patriarcal”. É María Xosé Queizán quen protagoniza nese tempo a reivindicación feminista.

En ocasións, sinala a investigadora María Liñeira, a contestación aos prexuízos androcéntricos tamén procede de autores. “Por exemplo, a poesía erótica de Darío Xohán Cabana explora a sexualidade feminina lonxe do discurso patriarcal sobre a tensa relación entre o ideal feminino e a vellez”, comenta. A poeta Marta Dacosta citou nun artigo a Rafa Villar, Carlos Negro, Eduardo Estévez ou Vázquez Pintor como autores que se identificaron coas “voces femininas”. Hai máis: Séchu Sende, Rodríguez Fer ou Fernández Paz.desafíe un texto dun poeta canónico como Cunqueiro con aquel Eu tamén navegar!”, sostén.

A escritora Carmen Blanco analizou na súa tese a “estética, complexa e contraditoria” respecto disto en Otero, Blanco Amor, Carvalho, Cunqueiro, Celso Emilio e Díaz Castro. De Celso Emilio salienta a nai como prototipo feminino positivo, mentres que de Cunqueiro apunta como reflectiu o machismo da sociedade tradicional galega. En Blanco Amor detecta un profeminismo do “mito da muller forte”. A tamén profesora Carmen Fernández atopou no teatro de Cunqueiro maior presenza de personaxes femininos, explica na revista Agália.

A contestación ao discurso patriarcal reforzouse a partir dos cincuenta. A escritora Fátima Rodríguez lembra que autoras como Xohana Torres, Helena Villar, Chus Pato ou Margarita Ledo, “tiveron que romper moitos pratos para facer visible esoutro discurso, brindando ao poema unha corporeidade distinta”. Pura Vázquez, Luz Pozo, María do Carmo Kruckenberg ou Xohana Torres foron das primeiras. “Non foron escritoras feministas nin tiveron atrancos en publicar por parte dos seus colegas poetas, ao contrario. Das catro, Xohana Torres será a que asuma as ideas feministas dunha maneira máis evidente a partir do segundo poemario, Tempo de ría”, asegura Camiño Noia. As outras tres, na súa opinión, “asumen os papeis historicamente asignados ás mulleres, sen reivindicar cambios. Só Luz Pozo, a partir dos oitenta, fará unha poesía máis reivindicativa contra o patriarcal”. É María Xosé Queizán quen protagoniza nese tempo a reivindicación feminista.

En ocasións, sinala a investigadora María Liñeira, a contestación aos prexuízos androcéntricos tamén procede de autores. “Por exemplo, a poesía erótica de Darío Xohán Cabana explora a sexualidade feminina lonxe do discurso patriarcal sobre a tensa relación entre o ideal feminino e a vellez”, comenta. A poeta Marta Dacosta citou nun artigo a Rafa Villar, Carlos Negro, Eduardo Estévez ou Vázquez Pintor como autores que se identificaron coas “voces femininas”. Hai máis: Séchu Sende, Rodríguez Fer ou Fernández Paz.

Avances e resitencias en democracia

A partir dos oitenta prodúcese o máis sólido avance na superación dos prexuízos sexistas. Nunha obra sobre historia feminista da literatura, a profesora Helena González salienta as propostas poéticas de Xela Arias, Ana Romaní, Pilar Pallarés, Chus Pato, Olga Novo, Enma Couceiro ou Yolanda Castaño. "A revista A Festa da Palabra Silenciada actúa como viveiro", asegura. Tamén o escritor Xavier Queipo opina que o discurso patriarcal non foi transcendido, senón "mitigado". Hai "autores", explica, que "souberon entender a continuidade entre os sexos e particularmente na expresión da sexualidade como Antón Lopo (Ganga), Alfonso Álvarez Cácamo (Peito de Vimbio) ou un servidor (Dragona)". Camiño Noia pensa que hoxe "en xeral, os esquemas patriarcais non caben na literatura galega, nin de mulleres nin de homes". A narrativa de Teresa Moure, Begoña Caamaño, María Reimondez, Marilar Aleixandre, Inma López Silva ou Anxos Sumai son exemplos "da superación do discurso patriarcal na narrativa actual".

Malia todo, “segue existindo profundo desequilibrio na igualdade de oportunidades”, advirte María Liñeira. Proba diso é non só que os homes publican máis, senón que “as autoras continúan asociadas a certos xéneros que a crítica considera inferiores”, subliña. É máis,”as maquinarias editorial e crítica tenden a feminizar consonte a uns modelos opresivos os textos das autoras”, engade. Concorda a escritora Marilar Aleixandre, que apunta que “por parte dalgúns críticos hai un tratamento asimétrico, con preguntas como ‘¿forma parte dunha corrente de poesía de mulleres?’ que nunca se lle fan aos varóns”. Outra manifestación disto mesmo, sostén, é que “a partir dos noventa hai unha tendencia a ver ‘moitas’ mulleres onde seguen sendo minoría. Dise que a meirande parte dos poetas dos noventa son mulleres. Na realidade, de 93 que publicaron o seu primeiro libro nesa década só 26 somos mulleres. Por outra banda, ao parecer é tabú dicir que na RAG debería haber un número razoable de mulleres”.

Outra escritora, María Reimóndez, comparte a percepción. "Non se nos considera como autoras autónomas e individuais, senón como subsección. E utilízanse expresións baleiras como universo feminino, ou dise que facemos literatura ideolóxica, como se a de Ferrín ou a de Celso Emilio non o fose; ou considérasenos como unha moda. Outro grao é xa o insulto, a lapidación pública", asegura.

De semellante xeito opina a escritora María do Cebreiro. “En principio non comparto a visión teleolóxica segundo a cal partiriamos dunha submisión da muller que se vería superada en etapas recentes”, di. “Poderiamos pensar que hoxe en día as cousas son moi distintas, pero a miña opinión é que o debate que Rosalía librou contra os prexuízos misóxinos en certa maneira segue a estar aí”, conclúe. Segundo argumenta a profesora Kirsty Hooper, o feito de que as mulleres non contasen con referentes en canto a voces públicas nun período esencial de formación da identidade galega, axuda a explicar a “fragmentareidade” do desenvolvemento histórico da narrativa de autoría feminina.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_