_
_
_
_
LUCES | A LANTERNA MÁXICA

Ánxel de la Cruz, enfeitando personaxes

O Bosque Animado’ foi o primeiro filme animado en 3D de Europa

O guionista e director Ánxel de la Cruz.
O guionista e director Ánxel de la Cruz.

O coruñés Ángel de la Cruz deu os seus primeiros pasos no eido cinematográfico sen imaxinar que un día sería guionista ou director. “Traballaba de enxeñeiro e non me ía mal, pero un día Jesús Vecino encargoume un story-board para a súa produtora. Déronlles a subvención e seguiron contando comigo. Incorporeime como axudante de decoración a Tirano Banderase decateime que era do que me gustaría vivir”.

Como parte do departamento de decoración traballou en varias curtas</CF>. De la Cruz aproveitou un momento álxido en Galicia para as propostas de pequeno formato. O realizador subliña que hoxe a situación resulta máis complexa para un cineasta novel: “É moito máis difícil saír adiante”. O seu primeiro traballo detrás das cámaras foi Sitcom show, ao que seguiría Paranoia Dixital. Como guionista asistiu a cursos de Juan Antonio Porto e Jaime Chávarri e leu unha manchea de libros teóricos. “Naquela época saíronme bastantes traballos de vídeo industrial e corporativo. Axudoume a curtirme”. A súa terceira curtametraxe foi Aínda máis difícil, que contén un plano secuencia de dous minutos no que participaban 75 extras vestidos de época. “Foi unha tolería e aí comprendín o estresante que é dirixir. Tiñamos cinco días para rodar e ao terceiro ingresei no hospital por gastroenterite”. Aínda máis difícil logrou oito Mestre Mateo.

O seu seguinte paso levouno ao despacho como xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Alí tivo o primeiro contacto profesional con Manolo Gómez, responsable de Dygra, quen lle ofertou realizar guións para cdrom interactivo. “Logo comezaron o xogo Bicho, que tivo bastante éxito, significa o punto de partida para proxectos maiores”, lembra. O reto ía ser de gran altura: unha película de animación. A casualidade quixo que De la Cruz estivese adaptando O Bosque Animado: “Nunca antes fixera un guión dunha longa”. A historia de Wenceslao Fernández Flórez serviu para unha produción xa nos anais do cine europeo como primeiro filme animado 3D. “A verdade é que non sabiamos onde nos metiamos. A ignorancia é atrevida”.

“O responsable de Buenavista deunos un gran consello cando nos quitou da cabeza a idea de agradar ao mesmo tempo a un público infantil e ao preadolescente. Díxonos que os cativos entre catro e oito anos eran un público seguro, e ademais non ían sós ao cine”. A cinta tivo boa acollida na billeteira, moi bos números no mercado do vhs e o dvd, e vendas internacionais nada desprezables. “Nun primeiro momento só ía ser guionista, pero ao non atopar un director, Manolo Gómez propúxome que fixeramos xuntos esa función e que logo me produciría un filme con actores que eu quería facer”. O filme que gañou dous Goyas. O soño dunha noite de San Xoán foi o seu seguinte filme, Goya ao mellor filme de animación. O resultado económico foi ben diferente e os números non acompañaron. “Optamos polo público preadolescente, quizais máis complicado de convencer, e a cousa non funcionou”.

Aínda quedaba por cumprirse a promesa de Dygra de lle producir Os mortos van ás présas. “A primeira vez que tentamos ir adiante tiñamos o visto bo de Antena 3, pero nese momento mercouna Planeta e houbo un parón, que coincidiu coa traxedia do Prestige, que fixo inservibles algunhas localizacións. No verán do 2006, comezaron. Mais, tras cinco días de rodaxe, chamou Manolo González. “Non podía atopar finalmente o financiamento e debimos parar. Foi o disgusto máis grande na miña vida profesional”. Finalmente puido retomarse a rodaxe co 90% do equipo orixinal. As recadacións da cinta en Galicia non foron malas, pero lonxe da nosa terra non tivo repercusión ningunha. “É fundamental ter cartos para a promoción”.

Pero o mundo da animación está a petar seguido á súa porta. De la Cruz vén de facer historia ao ser un dos guionistas que lograron, por primeira vez, o Goya ao mellor guión adaptado para unha animación con Engurras. “É algo totalmente inesperado cando compites contra Almodóvar, Bollaín ou Zambrano”. A adaptación do cómic de Paco Roca tamén acadou esa noite o Goya para a mellor animación. “Á película incorporamos moito material que quedara fóra da banda deseñada. Soubemos transmitir ben o tema do alzheimer”. Coincidiu que o traballo sobre esa enfermidade tiña un espello na vida do guionista: “Pouco despois de comezar con este guión diagnosticáronlle esa enfermidade á miña nai e fun vivindo o seu deterioro mentres escribía sobre o tema. Foi duro emocionalmente”.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Lembro á saída dunha proxección do filme irlandés Despertando a Ned a faciana de satisfacción do cineasta e o comentario de que ese tipo de filmes era o que el quería facer. Vaino tentar outravolta con Tres ríos, o seu proxecto actual.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_